“¿A que xogas?”, campaña de prevención de sustancias adictivas

As concellerías de Xuventude e de Sanidade, co apoio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, realiza a campaña “A que xogas? Coñece as normas, ti decides”. Esta acción, de carácter informativo, pretende transmitirlle á mocidade información axeitada, contrastada e veraz sobre as substancias adictivas, así como promover un estilo de vida saudable. A campaña faise in situ, cunha carpa de 3×3 metros na zona de area, onde se colocarán a partir das 23:00 e até as 02:00 da madrugada.

Nese tempo, realizará actividades para mozos e mozas, dando información sobre prevención adiccións a través de xogos, pero tamén se realizarán enquisas para coñecer de primeira man as impresións dos máis novos. Así mesmo, haberá análise (voluntario) de substancias e sorteo de camisolas. Igualmente, e do mesmo xeito que se fixo desde a Concellería de Voluntariado no Magosto, cambiaranse as botellas e vasos por chapas, unha medida de fomento da limpeza e da reciclaxe.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar