Exposición “O Camiño a Viena” na Coruña

         Do 14 de novembro ao 5 de xaneiro próximo, está aberta na Biblioteca Nodal de A Coruña  a exposición “O Camiño a Viena”, organizada pola Fundación Paz y Cooperación.

 Esta Fundación, con Status Consultivo Especial de Nacións Unidas, promove campañas de sensibilización escolar desde 1986, entrelas o Premio Escolar que leva o o seu nome, que este ano ten por lema “Mirando a las estrellas-El futuro del mundo”.

O premio convocouse en Viena -Nacións Unidas- na Semana do Espazo, en outubro de 2016, conxuntamente coa Oficina do Espazo Exterior de Nacións Unidas e a Representación Permanente de España enViena.

Desde entón, comezou o “Camiño a Viena”, exposición de debuxos escolares de todo o mundo que xa visitou Alicante-Dimension Cultural de El Corte Inglés, o Colexio Caude de Majadahonda, AULA en IFEMA en Madrid, o colexio Sansueña de Zaragoza, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo (sala de exposicións do edificio administrativo), e agora a Biblioteca Nodal de A Coruña, coa colaboración da Xunta de Galicia e Galicia Digital – para expoer 200 traballos escolares de 22 países, que reflicten os valores compartidos e os ideais das Nacións Unidas, que deberían inspirar á mocidade para conseguir un mundo non violento, xusto e solidario.

A exposición na Coruña vai ser visitada mañán, mércores, ás 12,00, polo presidente da Fundación Paz y Cooperación,  Joaquín Antuña;  Elvira Sánchez-Igual, Patrona da Fundación Paz y Cooperación, e voceira da Asociación Mundial de Educadores Infantiles Amei-Waece, e o xornalista Xulio Xiz, por Galicia Digital, que serán acompañados por Marisol González Regal, Directora da Bibliotca nodal de A Coruña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar