Un tren atropela a varios xabaríns en Foz

 

Varios xabaríns foron atropelados por un tren á altura do concello lucense de Foz, xustamente na entrada do Túnel 29, dirección Ribadeo. Afortunadamente, ningún dos pasaxeiros sufriu danos.

O CIAE tivo constancia da incidencia, ao fío das 19 horas da tarde pasada. Foi a esa hora, cando o persoal de Seguridade de ADIF comunicaba os feitos ao 112 Galicia. Tras producirse o atropelo, o convoi continuou a marcha pero decontado, tivo que deterse na estación de Ribadeo tras detectar unha perda de aire na máquina, debido ao impacto.

Pasados uns minutos das 20:00 horas, persoal de ADIF indicaba ao 112 Galicia que a circulación estaba totalmente normalizada, os animais xa foran retirados da vía e os pasaxeiros do tren afectado puideron chegar ao seu destino por estrada.

Os Bombeiros de Barreiros, GES de Cervo, Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados do suceso, nada mais recibirse á alerta no 112 Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar