Muller e nena afectadas por monóxido de carbono en Poio

Trasladadas unha muller e unha nena con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Poio

Unha muller e unha nena foron trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia con síntomas de intoxicación. Todo parece indicar, que a mala combustión dun quentador de gas na vivenda, puido ser o motivo da intoxicación.

Foi persoal do 061 quen, ao fío das 19:30 horas da tarde pasada, informaba ao 112 Galicia de dúas persoas con ditos síntomas nunha casa da Avenida de Andurique, no termo municipal pontevedrés de Poio. No transcurso da chamada co persoal do 061, outra muller que se identificou como amiga da afectada, pedía axuda ao 112 Galicia. Indicaba que á súa amiga estábanlle dando taquicardias e, ademais, tiña dores de cabeza.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía, GES de Sanxenxo, Policía Local e Protección Civil de Poio. Así mesmo, informouse do suceso tamén aos Bombeiros de Ribadumia e ao persoal da empresa subministradora do gas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar