Ferrol e Narón buscan unha solución para o saneamento da ría

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, urxen a Augas de Galicia a manter unha xuntanza a tres bandas no inmediato para procurar unha solución de común acordo que evite abrir novos conflitos entre administracións veciñas polo necesario saneamento da ría, unha cuestión que atinxe e preocupa a veciñanza dos nosos concellos.

Suárez e Ferreiro asinaron e remitiron este martes 5 un escrito conxunto e dirixido ao director do ente Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, solicitándolle unha xuntanza no prazo mais breve posible.

O incumprimento na redacción dun borrador de convenio baixo uns parámetros claros e concisos e xa acordados -polas alcaldías de Narón e Ferrol- está a por en risco o desenvolvemento do saneamento integral da ría nun marco xurídico axeitado, cooperación que é un deber ineludible de Augas de Galicia, que ten a competencia concreta de control e supervisión do servizo”, reza o escrito.

Ambos rexedores, no escrito que dirixen a Xunta de Galicia, do que depende o ente autonómico, apostan claramente por acadar unha solución política conxunta ao conflito do saneamento.

Os dous concellos, que comparten e compartirán o saneamento da ría, esixen a Augas de Galicia de que a duración do convenio con Ferrol remate o 1 de agosto de 2018. A partir desa data, afirman os dous alcaldes “calquera decisión sobre a xestión da depuradora e demais infraestruturas vencelladas ao saneamento deberá consensuarse entre as tres administracións implicadas: Augas de Galicia e os concellos de Ferrol e Narón”.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar