O alcalde de Ourense agradece o impulso da Xunta

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ante o anuncio de que o Consello da Xunta vén de darlle luz verde á primeira fase do proxecto da Estación Intermodal, destaca que estamos “ante unha excelentísima noticia que ratifica e garantiza a execución dun proxecto clave para a cidade. O compromiso da Xunta coa intermodalidade en Ourense é firme e inamovible”.

Jesús Vázquez sinala que a aprobación desta mañá “refrenda unha actuación estratéxica que suporá un investimento de máis de 150 millóns de euros, dos que máis de 10 millóns de euros serán por parte da Xunta de Galicia”.

Por último, o alcalde ourensán salienta que coas alegacións recollidas no proceso de información pública, “introducíronse melloras no proxecto, como o feito de que haberá un só acceso á estación que evitará a circulación ao redor do centro de saúde, como resultado da exposición pública efectuada polo Concello, que permitirán unha maior integración, conexión e harmonía na actuación no seu conxunto”. Actuación que será integrada estéticamente (adoptando cubertas e acabados para a marquesina) co proxecto de Norman Foster quen, tal e como lle manifestou a Jesús Vázquez nunha recente reunión en Madrid, “está moi ilusionado e comprometido con esta actuación que suporá un antes e un despois para a cidade, cunha obra de referencia internacional”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar