“A Gaita no Mar”, o próximo domingo en Rianxo

 

A Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a segunda edición das xornadas Culturais sobre “A Gaita no Mar”, que terán lugar no Auditorio de Rianxo, o vindeiro 3 de decembro a partir das 11.30 horas e que están patocinadas pola Deputación da Coruña e contan coa colaboración do Concello de Rianxo.

Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros, moi ben considerados polo
resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita.

O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían, non só era que os seus compañeiros e eles
mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar. O
que estes mariñeiros fixeron foi moito mais, eles foron quen de levar a música tradicional
galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras
latitudes,… convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta
comercial.

Foron estas xentes do mar os que o cabo dos séculos foron deixando por todo o mundo,
pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

XORNADAS CULTURAIS

A xornada iniciarase ás 11.30 horas coa proxección do documental “Dos Gaiteiros do
Mar” codirixido por Xurxo Souto xunto a Martín Rodas e producido por Borneira
Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos
sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia levando o son da nosa
música a todas as latitudes ata onde eles chegaban.

Logo de ver o documental conversaremos con Xurxo Souto e os protagonistas “Os Gaiteiros
do Mar”, Manolo de Donón e Lito de Pinténs ( gaitas), Feliciano de Donón ( tamboril),
Manuel Martínez Santomé ( bombo) e o Peix de Aldán ( percusións varias) aos que ademais
poderemos escoitar tocando algunha das pezas que interpretaban, xa que co gallo do
documental, xuntáronse de novo e crearon o grupo que leva o mesmo nome.
E como peche, que mellor que unha tocata no mar a cargo do grupo Vai de Roda de Rianxo!!!

PROGRAMA

11.30 – Proxección do documental “Dos gaiteiros do mar”.
12.15 – Conversa con Xurxo Souto (codirector do documental) e Os Gaiteiros do Mar.
13.00 – Saída a tocar no mar con Vai de Roda (se o tempo acompaña, senón recorreremos ao
plan B).
Dende a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s coidamos imprescindible e necesaria esta cita, e
animamos a todo o público a coñecer esta realidade máis de preto e a realzar a figura dos gaiteiros do mar como grandes transmisores da nosa cultural

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar