Un incendio calcina por completo una casa en Tui

Un incendio ocorrido esta noite, en Tui, calcinou por completo unha casa de dous andares. Ningunha persoa resultou ferida.

O lume declarouse nunha propiedade das Valiñas, na parroquia de Randufe. Segundo se lle indicou ao 112, as lapas orixináronse na cheminea da vivenda e acabaron estendéndose a todo o inmoble.

Unha persoa particular explicou a situación ao 112 Galicia, ás 0:30 horas desta noite. Dende a central de emerxencias do 112 alertouse aos Bombeiros do Baixo Miño e á Garda Civil. Ademais, dende o CIAE tamén se solicitou a intervención do GES de Ponteareas.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto