TVG: “ADN galego” leva hoxe o programa ata Xixón

O programa “ADN Galego” amosa cada semana as diferentes historias de persoas de orixe galega que residen noutros lugares de España, con pequenas reportaxes en relación á súa procedencia, traballo ou estilo de vida. Nesta nova entrega, o programa realizará un percorrido pola cidade de Xixón e polos arredores, visitando lugares como Candás, o encoro de Trasona, onde se adestra un dos galegos olímpicos, praias como as de San Lorenzo e Poniente, o Porto do Musel ou a Laboral Cidade da Cultura, ademais de vivir a experiencia dunha tradicional festa de prau en Castiello de Barnueces, onde non faltará o toque galego coa actuación da orquestra Grupo Limón.

 

“ADN Galego” amosará parte da pegada histórica que deixaron os galegos na zona para traballar na industria dos estaleiros. Tamén haberá tempo para facer unha especial mención a un galego que foi presidente do Sporting de Xixón, Manuel Calvo Pumpido, pioneiro na introdución de publicidade estática nos estadios españois.

 

As novas historias cargadas con “ADN Galego” virán da man de Cristina, unha camareira afeccionada aos bonsais; Carlos “Perucho”, campión olímpico en Pequín 2008 coa medalla de ouro en k-2 500m; Alexandre, un surfeiro propietario dun bar moi moderno; Olalla, xornalista da televisión pública asturiana; Roi, un mozo estudante do máster de Xestión do Transporte e Loxística; José, un hostaleiro que rexenta un restaurante desde hai case 20 anos tras traballar nos estaleiros; María, unha avogada pontevedresa, e Pablo, un enxeñeiro de camiños traballando no porto do Musel.

 

LARPEIROS

 

Hoxe na Televisión de Galicia, os “Larpeiros” manteñen unha animada conversa sobre o chocolate, unha das grandes paixóns de moitos galdrumeiros e galdrumeiras do mundo enteiro e unha desas marabillas de comer que lles gustan a todo o mundo, ou case. Con este rico producto pódense facer milleiros de cousas: lambetadas, xeados, batidos, bebidas… E non so cousas doces, o chocolate tamén se pode empregar en pratos salgado: para facer aliños para ensaladas, salsas para carnes de porco ou de ave… Polo que esta noite o mestre Benigno, demostrará o que é un gran coñecedor da cociña con chocolate cunha receita que promete facer as delicias do resto dos Larpeiros: perdices con chocolate.

 

Pola súa parte, Adrián, irá voando ata Redondela, onde, da man de Fabrice, un mestre reposteiro francés, aprenderá a facer unhas trufas de chocolate con alma galega. E, de volta na casa, a festa vai ser completa cos pasteliños de plátano con chocolate, cos que Merchi e Leni agasallan o resto dos Larpeiros.

 

QUE CASAS!

 

Na edición desta semana do programa “Que Casas!”, os espectadores verán un antigo galiñeiro e unha adega que foron reconvertidos en vivenda. Tamén coñecerán unha casa cuxo xardín está coroado pola cabeza dun elefante que cazou o home do que enviuvou a súa propietaria actual.

 

Os habitantes doutra das vivendas visitadas ben poderían pasar por unha familia orquestra, xa que todos eles tocan algún instrumento. O espazo da TVG tamén entrará nunha casa prefabricada en que toda a súa decoración foi feita a man e outra que pertence a un actor que fixo a casa dos seus soños cóbado a cóbado co seu pai.

 

GALICIA VIVA

 

Este martes na segunda edición do programa “Galicia Viva”, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver que o mellor centro de saúde de España está en Galicia, concretamente na Estrada. Este centro foi galardoado non só polos avances técnicos e tecnolóxicos, senón tamén polo factor humano dos profesionais que alí exercen.

 

Outro dos contidos conducirá a audiencia cara a un estudio galego especializado en maquillaxe para cine, tv e publicidade, considerado coma un dos mellores de España. Coñecerase o seu traballo de preto e achegaranse as claves para conseguir unha verdadeira maquillaxe de efectos especiais, ademais de falar sobre os proxectos en que andan traballando.

 

O reporteiro Ricardo Saavedra estará, en directo, pola súa parte, en Ponteceso cos campións do mundo de tirabólas. En directo, para “Galicia Viva” comprobarase a súa puntería.

 

 

VIVAN AS TARDES

 

Tras a estrea de “Vivan as Tardes” onte na faixa vespertina da TVG, Pili Pampín e Yolanda Vázquez regresan con máis entrevistas e testemuñas que emocionarán á audiencia. A presente edición comezará co caso de Vanesa, que é punto e á parte. A ninguén lle gustaría estar na súa pel. Imaxinan non comer por medo a morrer atragoados? Difícil, verdade?

Tamén estarán no programa Amadou, que sobreviviu ao naufraxio de dúas pateras, e, por fin, en Galicia está a piques de realizar o seu soño, e Xosé e Carme, que na madurez recollen os froitos dun amor dos de antes, e teñen a súa peculiar maneira de arranxar os problemas: o “clavaíto”.

 

“Vivan as Tardes!” conta  con tres seccións. Na primeira ten cabida todo o relacionado co amor de parella; en “Grazas”, entrevístase a membros dunha familia exemplar, que pasaran por vicisitudes e contrariedades serias, e, por último, conversarase con persoas con historias de superación ou exemplos de vida. Ademais, haberá convidados artísticos en cada edición, como cantantes, humoristas, magos, contacontos e artistas en xeral, que porán a guinda final aos programas.

 

A REVISTA

 

O espazo “A Revista” contará hoxe no seu estudio de gravación co neurólogo e presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía José María Prieto, con motivo da súa participación hoxe na primeira edición da xornada “Diálogos Inspiradores en Esclerosis Múltiple”, unha enfermidade que afecta 2.700 persoas en Galicia. Tamén acudirá ao programa a actriz e paciente de esclerose múltiple, Cristina Maró.

O colaborador Carlos Roma, especialista en moda do programa, asistirá hoxe a “A Revista” na compaña de Sonia de Gerónimo, deseñadora de pezas artesanais, elaboradas a partir de cordas de algodón. Nas súas coleccións atópanse bolsos e obxectos de decoración, entre outras. Hoxe, tamén intervirá no programa Alba Cons, que seguirá ofrecendo consellos e recomendacións para que a audiencia estea en forma.

 

Un equipo do magazine estará, amais, en Vigo para amosar a colección de maquetas en madeira de edificios da cidade olívica, que fixo José Alján, un artesán autodidacta e camioneiro de profesión. Agora xa xubilado, Alján leva máis de 30 anos practicando con mestría esta afección, da que agora expón un total de 25 pezas.

 

Outro dos directos do espazo que presenta Sevi Martínez trasladará os espectadores ata un ximnasio de Oleiros, onde traballa e adestra Álvaro Muñoz, campión do mundo de Kenpo, unha especialidade de karate, e de Bushido, unha filosofía baseada no código ético que seguían os samurais.

 

tvG2

ZIGZAG

 

O programa “Zigzag” recibirá hoxe a visita do pintor e escritor Antón Patiño para falar de “O libro dos lugares”, unha obra que esta mesma tarde presenta xunto a Manolo Rivas na Coruña. Patiño colle o espello retrovisor e decide ollar cara aos lugares polos que camiñou, aqueles espazos que, dun ou doutro xeito, deixaron algunha pegada nel.

 

Por outro lado, o espazo da tvG2 ofrecerá unha reportaxe sobre o arranque de Cineuropa, un certame que durante tres semanas somerxerá Santiago na cinematografía europea máis recente e innovadora. En 22 días, o festival proxectará ata 264 cintas, propoñendo a través da súa selección de filmes unha análise dos procesos revolucionarios do século XX.

 

No programa desta tarde tamén haberá música, concretamente a de Las Antonias, dúo que versiona temas clásicos cambiando letras e arranxos en clave de humor e cun toque de cabaré.

 

Ademais, “Zigzag” achegarase ao Pazo da Cultura de Pontevedra para visitar a exposición “Na Beira do Río: Diálogos na Pintura”, coas obras de Jaime Falcón e Agustín Posseu. Estes dous artistas locais presentan en Pontevedra as súas últimas obras, que teñen como tema principal as orixes e a paisaxe que os rodea.

 


Martes, 07.11.2017

CINEMA DE NOITE

 

 

 

“FOCUS”

                       (“Focus”)

 

 

Director:       Glenn Ficarra e John Requa

Elenco:         Will Smith, Margot Robbie, Rodrigo Santoro, Stephanie Honore, BD Wong, Adrián Martínez, Robert Taylor, Kate Adair, Joe Chrest

                        EUA, 2015, 105´, Comedia-Thriller (16)

 

 

 

**SINOPSE**

 

Todo comeza cando Nicky, un consumado mestre da estafa, comeza un romance con Jess, unha novata no oficio. Mentres lle ensina os trucos do oficio, ela desexa estreitar demasiado os lazos con Nicky e este racha de súpeto a relación. Tres anos máis tarde, a rapaza que prendera unha chama nel, convertida en muller fatal, reaparece en Bos Aires nun circuíto de carreiras en que hai apostas moi elevadas.

 

 

MINUTADO do 07/11/2017 da Televisión de Galicia
08:00 BOS DÍAS
Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe, intervirán no ‘Faladoiro’ os xornalistas Pablo Acción e Juan Capeáns; a profesora de Economía Aplicada, María Cadaval, e Pepe Arias, membro da Coordinadora de Compostela Aberta.
11:00 A COCIÑA DE ANDRÉ “Empanada de lombo e chourizo”
Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.
11:30 O FARO Cap. 289
Serie.
12:25 A REVISTA
Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.
13:45 CADA DÍA UN LIBRO
Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50 GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Marga Pazos.
14:25 TELEXORNAL MEDIODÍA
Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:30 ZIG ZAG – ONDE IR HOXE
Axenda cultural galega.
15:35 O TEMPO
15:50 COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
16:20 TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
17:25 VIVAN AS TARDES!
Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa. Hoxe, conversan cun sobrevivente ao naufraxio de dúas pateras, que está a piques de realizar o seu soño en Galicia, entre outros.
19:05 GALICIA VIVA
Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López. Hoxe, visita na Estrada o mellor centro de saúde de España e ten en directo os campións do mundo de tirabolas.
20:20 INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
20:25 DESCONEXIÓNS INFORMATIVOS SERÁN
20:30 TELEXORNAL SERÁN
Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
21:50 O TEMPO
22:05 MENÚ G
22:15 LARPEIROS “Festa do chocolate”
Larpeiros é un programa no que se combina gastronomía, humor e faladoiro na mesa. O Mestre don Benigno, demostrará o que é un gran coñecedor da cociña con chocolate cunha receita que promete facer as delicias do resto dos Larpeiros: “Perdices con chocolate”. Pola súa parte, Adrián, ira voando ata Redondela, onde, da man de Fabrice, un Mestre reposteiro Frances, aprenderá a facer unhas trufas de chocolate con alma galega. E de volta na casa, a festa vai ser completa cos pasteliños de plátano con chocolate, cos que Merchi e Leni agasallan ao resto dos Larpeiros.
22:45 ADN GALEGO “Xixón”
Programa que viaxará por toda a xeografía española para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. Nesta entrega, o programa realizará un percorrido pola cidade de Xixón e polos arredores, visitando lugares como Candás, o embalse de Trasona, onde adestra un dos galegos olímpicos, praias como as de San Lorenzo e Poniente, o Porto do Musel ou a Laboral Cidade da Cultura, ademais de vivir a experiencia dunha tradicional festa de prau en Castiello de Barnueces, onde non faltará o toque galego coa actuación da orquestra Grupo Limón.
23:50 QUE CASAS!
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe os espectadores verán un antigo galiñeiro e unha adega que foron reconvertidos en vivenda. Tamén coñecerán unha casa cuxo xardín está coroado pola cabeza dun elefante que cazou o home do que enviuvou a súa propietaria actual.
00:40 CINEMA DE NOITE: “Focus”
(“Focus”) de Glenn Ficarra e John Requa con Will Smith, Margot Robbie, Rodrigo Santoro, Stephanie Honore, BD Wong, Adrián Martínez, Robert Taylor, Kate Adair, Joe Chrest_EUA, 2015, 105´, Comedia-Thriller (16)_Todo comeza cando Nicky, un consumado mestre da estafa, comeza un romance con Jess, unha novata no oficio. Mentres lle ensina os trucos do oficio, ela desexa estreitar demasiado os lazos con Nicky e este racha de súpeto a relación. Tres anos máis tarde, a rapaza que prendera unha chama nel, convertida en muller fatal, reaparece en Bos Aires nun circuíto de carreiras en que hai apostas moi elevadas.
02:20 TELEXORNAL NOITE
02:30 O TEMPO
02:35 NACER DE NOVO (Rep.)
02:50 VIVAN AS TARDES! (Rep.)
04:25 GALICIA VIVA (Rep.)
05:30 NOITE DE JAZZ
Uns minutos de jazz para gozar na Galega.
06:10 SONS NA NOITE
Pezas mestras da música clásica universal.
06:20 A REVISTA (Rep.)
07:30 ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.
07:55 INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

 

 


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto