TVG: Esta noite, “Pazo de Familia”

O novo capítulo de “Pazo de Familia” é de armas tomar, e é que se está preparando unha guerra. A primeira batalla é polo control da adega. Suevia ameaza a Emilio con contar un segredo familiar sobre Leonor se esta a volve menosprezar en público. E a nova humillación non tarda en chegar.

A segunda batalla, e non menos importante, dáse entre Mónica e o Panameño. A investigación da xuíza destapará varios asuntos que salpican a Nino, a quen non lle queda máis remedio que dar explicacións.

Outras loitas son as de Marisiña con Sandra e a de Claudia con Daniel, cando se decata do motivo real da súa oferta de traballo. Pero a máis dura, se cadra, é a do señor Cosme, que neste capítulo volve ao pazo cunha terrible noticia.

QUÉROTE TANTO

Esta noite no programa Quérote Tanto da Televisión de Galicia, Lucía Pérez acode á chamada dos veciños da parroquia de Xestoso porque queren homenaxear o seu cura, Luís Ángel Rodríguez Patiño, unha persoa moi vital, un tanto particular, pero que desde que chegou a esta localidade supuxo toda unha revolución e unha inxección de vitalidade para os veciños da parroquia.

O padre Luís Ángel leva 35 anos de acción pastoral en Xermade. Desde que chegou non parou de ter iniciativa na parroquia e de mirar polos seus fregueses. A día de hoxe, o padre Luís Ángel pode presumir de crear a Asociación de Mulleres Rurais da parroquia, de crear a Universidade Senior e tamén o Coro Senior, entre outras actividades e accións que levou a cabo para os seus veciños aínda que el asegura que dinamizar o rural é o seu traballo coma misioneiro, que é o que el sente.

Nesta ocasión, o equipo do programa non o tivo nada doado para preparar e agochar o segredo desta homenaxe, pero coa axuda dos veciños e amigos do padre Luís Ángel o programa puido sorprender como ben se merecía o homenaxeado.

Na sección de O Recuncho de Quérote Tanto, Arantxa Treus atenderá no bar dúas historias, unha de amizade e outra de amor. A primeira, virá da man de Cristina, que quere dicirlle á súa amiga Raquel o importante que é para ela.

A segunda historia sorprenderá a Pablo, xa que el pensa que acompaña á súa parella a un casting dun concurso de talentos e o que se atopará será unha verdadeira declaración de amor por parte da súa muller, Jessica.

GALICIA VIVA

Na véspera do Día Mundial da Diabetes, este luns Galicia Viva estará en directo en Pontevedra para participar nun flashmob con nenos da cidade que padecen esta enfermidade.

Ademais, os espectadores da Televisión de Galicia verán en directo clases de masaxes para bebés co fin terapéutico de aliviar os cólicos e mellorar a dixestión para un óptimo desenvolvemento do bebé. Ademais, o programa asistirá a clases de ioga para mulleres embarazadas.

Doutro lado, un equipo de “Galicia Viva” sairá ao monte para comprobar se as choivas dos últimos días melloraron a temporada dos cogomelos que tanto lles gustan aos amantes da micoloxía.

VIVAN AS TARDES

Este luns, os espectadores da Televisión de Galicia vanse emocionar no programa “Vivan as Tardes cunha parella moi entrañable que por mor da emigración tivo que vivir separada durante 15 anos.

Ademais, as presentadoras do espazo, Pili Pampín e Yolanda Vázquez, recibirán a visita dunha nai que lle salvou a vida á súa filla e dunha muller que vive nun conflito permanente cos seus, xa que a súa familia non a apoia.

A REVISTA

Os reporteiros de “A Revista” asistirán hoxe ao Fairway, o segundo Fórum do Camiño de Santiago, que se celebra dende onte na capital galega e que conta con congresos, unha feira profesional e un workshop que propiciará reunións de intercambio comercial con máis de 25 turoperadores internacionais. Ademais, o equipo do magazine tamén estará en directo no Dique de Abrigo da Coruña, no que haberá unha demostración de escalada con motivo da celebración da decimo cuarta Semana da Montaña .

De volta no estudio de gravación, o presentador Sevi Martínez conversará coa xornalista Carla Reyes sobre os currículums cegos, é dicir, que non inclúa fotografía, o sexo, o nome e os apelidos da persoa; e co doutor Ignacio L. Balboa, que falará dun novo estudio que fala de que os pacientes españois con psoriase son os terceiros máis felices do mundo. Ademais, o espazo matinal tamén recibirá a visita de Victor Duplá e Sheyla Fariña, os actores de Pazo de Familia, a serie da noite dos luns na Televisión de Galicia.

tvG2

ZIGZAG

Pilar G. Rego entrevista hoxe a Paula Rego Mosquera e Susana Saavedra Piñeiro, músicas da banda galega “Agoraphobia”, que acaban de publicar ‘Incoming Noise’, un disco potente con dez temas de rock e punk moi na base de todas elas, co que inician nuns días unha xira por Galicia.

O “ZigZag” achégase hoxe ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo, con motivo da celebración do seu 15 aniversario. Con “Marco 2002-2017”, o centro fai unha retrospectiva e lembra as 117 exposicións que acolleu desde a súa apertura.

A revista cultural falará tamén do traballo de Manuel Martín, outro dos protagonistas da presente edición. O almeriense é o director de “El autor”, película coa que compite en Cineuropa e coa que recibiu o premio Fipresci no festival de Toronto.

O 2º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada completa as propostas de “Zigzag” este luns. Nesta cita reúnense debuxantes nacionais e internacionais, que participan en charlas, en sesións de debuxo urbano e amosan as súas obras.

MINUTADO do 13/11/2017 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe, na entrevista estará Roberto Rodríguez Martínez, director de Augas de Galicia. No faladoiro intervirán o xornalista José Luis Jiménez, a profesora María Cadaval Sanpedro, o analista político Roberto L. Blanco Valdés e o membro da Coordinadora de Compostela Aberta, Pepe Arias.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Masa follada de castañas”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:25

O FARO Cap. 293

Serie.

12:25

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:35

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:40

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIGZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:40

O TEMPO

15:55

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:25

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:20

VIVAN AS TARDES!

Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa, que falará hoxe cunha parella separada durante quince anos por mor da emigración e cunha nai que salvou a vida da súa filla.

19:00

GALICIA VIVA

Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López. “Galicia Vivia” participará hoxe en Pontevedra nun flashmob con nenos que padecen diabetes, verá como se fan masaxes a bebés para aliviar os cólicos e asistirá a unha clase de ioga para embarazadas.

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

AVANCE SERIES G

22:20

PAZO DE FAMILIA Cap. 93:

Serie. O novo capítulo de “Pazo de Familia” é de armas tomar, e é que se está preparando unha guerra. A primeira batalla é polo control da adega. A segunda batalla, e non menos importante, dáse entre Mónica e o Panameño.

23:35

QUÉROTE TANTO

Presentado por Lucía Pérez e Arantxa Treus, homenaxeará persoas anónimas con historias cheas de emoción. Con este formato, o espectador terá cada semana diante de si unha proposta optimista, vitalista e emotiva cunha personaxe única e ben querida pola súa contorna. Lucía Pérez acode esta noite á chamada dos veciños da parroquia de Xestoso porque queren homenaxear o seu cura, Luís Ángel Rodríguez Patiño, unha persoa moi vital, un tanto particular, pero que desde que chegou a esta localidade supuxo toda unha revolución e unha inxección de vitalidade para os veciños da parroquia.

00:45

GASTRÓPODOS “A Coruña”

Gastrópodos e un concurso de cociña. O equipo componse da cociñeira Beatriz Sotelo, do cociñeiro cambadés Antonio Botanacomo e como condutora e pinche, a actriz Marta Doviro. En cada entrega de “Gastrópodos”, os cociñeiros e presentadores repartiranse en dous equipos que competirán por gañar cada un dos programas. Hoxe, o autobús do programa chega ao Cantón Grande da Coruña.

01:45

TELEXORNAL NOITE

01:55

O TEMPO

02:00

MAR DE FONDO

02:05

POLO CAMIÑO DA FE (Rep.)

02:15

VIVAN AS TARDES! (Rep.)

03:50

GALICIA VIVA (Rep.)

05:00

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:30

TI VERÁS (Rep.)

06:25

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto