Dous accidentes de tráfico nocturnos

Un accidente de tráfico, en Ribeira, sáldase con dúas persoas feridas. O vehículo no que viaxaban bateu contra unha rotonda, na zona das Carolinas.

Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia, ás 4:40 horas desta madrugada. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribeira e á Policía Local.

Ata o lugar do sinistro foi mobilizada unha ambulancia, que se encargou de evacuar as vítimas a un centro hospitalario.

 

CHOQUE FRONTAL EN PONTEAREAS

Unha colisión frontal entre dous vehículos, rexistrada esta noite en Ponteareas, deixa dúas persoas feridas. O sinistro tivo lugar no quilómetro 646 da N-120.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia ás 22:50 horas desta noite. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Ponteareas e á Garda Civil de Tráfico.

As dúas vítimas foron evacuadas nunha ambulancia a un centro hospitalario.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto