TVG: “Land Rober Tunai Show” invita ao actor Maxi Iglesias

 Esta noite volve ao programa “Land Rober de Tunai Show” da Televisión de Galicia un dos invitados máis aclamados, Maxi Iglesias. Despois de arrasar e dalo todo nas súas anteriores visitas, Roberto Vilar fará que o actor, que vén con máis gana de troula ca nunca, participe nos sketchs e nos xogos.

O actor e os espectadores participarán nun dos pratos fortes do show, o “Que me estás contando?”. Tamén haberá tempo para unha nova entrega de “Primeiras citas” e para que “Os Xubilados” visiten un lugar moi especial para todos os seguidores.

Todo isto, como non pode ser doutro modo, na compañía de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, este xoves, ás 22:15 h. da noite.

GALICIA VIVA

Esta tarde en “Galicia Viva”, moda en directo e en exclusiva desde Lugo para os espectadores da Televisión de Galicia. Un equipo do programa conectará coa cidade da muralla para ofrecer os últimos retoques previos á Gala de Moda que esta mesma noite terá lugar.

E da moda pasaremos á música, xa que outro equipo do programa estará cos compoñentes do grupo revelación Taburete, que esta actúa en Santiago de Compostela.

“Galicia Viva” tamén dará consellos prácticos de mantemento dos vehículos agora que chega o frío e abordará nunha reportaxe a relación entre pais e profesores e algúns dos problemas que poden xurdir na educación dos nenos.

VIVAN AS TARDES!

Un día máis o programa “Vivan as Tardes” trae novas e sorprendentes historias. Hoxe, as presentadoras Pili Pampín e Yolanda Vázquez descubrirán que fan uns ingleses vivindo en Arzúa. Vivienne e Richard venderon todo o que tiñan en Londres e instaláronse en Oís, unha aldea de Arzúa.

Por outra banda, os espectadores coñecerán unha peculiar historia, a de Chelo e Manuel, que tiveron que cortar a súa lúa de mel porque había que devolver a louza prestada para a voda. Por último, Loli, que ten unha voz prodixiosa, visitará o programa para contar como conseguiu taparlle a boca ao mesmísimo Risto Mejide, publicista e xurado en diferentes concursos de talentos.

A REVISTA

Ás portas de decembro, o magazine “A Revista dirixirase en Ourense a unha empresa de alimentación con produtos destacados nestas datas festivas para coñecer os ingredientes que non deben de faltar nas cestas de Nadal.

O espazo, que presenta Sevi Martínez na TVG, estará tamén en directo en Vedra para probar un novo produto con marcado carácter galego, o licor de herbas de pementos de Padrón. Este espirituoso picante, onde o pemento de Padrón é o elemento diferenciador, comercialízase coa marca de Dr. Zas.

Xa no estudio de gravación, “A Revista” contará hoxe coa presenza de Beatriz Macías, directora de Aspanaex, Asociación en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra, para falar das actividades e accións que se desenvolverán este domingo con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Outro dos convidados da presente edición será Nacho Esteban, pontevedrés que crea os test de ADN máis fiables da Unión Europea. Aos seus 45 anos, a súa empresa “24 genetics” lidera en Europa as análises xenéticas que compatibilizan o prognóstico de posibles futuros problemas de saúde co coñecemento dos antepasados da persoa que realiza a proba.

tvG2

ZIGZAG

O programa “Zigzag” contará hoxe coa presenza de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores galegos dedicados ao público infantil e xuvenil, que presentará o seu novo traballo, titulado “Camiños”. Con este libro disco e espectáculo teatral, inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios. “Camiños” convértese nunha viaxe e nun lugar de encontro e descubrimento para os nenos, unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos.

Por outro lado, o espazo da tvG2 achegarase á Galería Vilaseco da Coruña para ver unha exposición do pintor lucense, residente en Nova York, Antonio Murado. Desde os anos 80, a súa proxección foi en ascenso e hoxe é un dos artistas españois máis recoñecidos da súa xeración. A súa obra púidose ver en numerosas mostras individuais en diferentes países, como Alemaña, Nova Zelandia e os EUA.

Ademais, o programa celebrará os 40 anos de “Alcabre”, disco fundamental da música galega, de Bibiano Morón, un dos máis grandes compositores galegos de todos os tempos, que marcou a varias xeracións.

Finalmente, “Zigzag” dará a coñecer a nova proposta discográfica da cantante Sés. “Readmirando a condición” é o tema que abre o quinto disco da autora galega, traballo homónimo que recolle ademais as cancións do seu primeiro álbum, “Admirando a condición”. O disco conta con 12 pezas escritas, musicadas e arranxadas pola propia Sés, que tamén se encarga dos labores de produción musical e executiva.

MINUTADO do 30/11/2017 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe entrevistas ao secretario do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e ao director xeral do Instituto da Xuventude (INJUVE), Javier Dorado. Tamén se ofrecerá o espazo “O Faladoiro”, hoxe con Roi Rodríguez, María Méndez, Domingos Sampedro e Xoán Antón Pérez Lema.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Pemento do piquillo recheo de verduras e quinoa”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:25

O FARO Cap. 306

Serie.

12:30

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”. Nacho Esteban, un pontevedrés cuxa empresa lidera en Europa as análises de ADN máis fiables, acode hoxe ao programa, que ademais coñecerá os ingredientes que non deben faltar nas cestas de Nadal e probará un novo produto con marcado carácter galego: o licor de herbas.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIGZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:35

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:20

VIVAN AS TARDES!

Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa. Un día máis, o programa “Vivan as Tardes” trae novas e sorprendentes historias. Hoxe, as presentadoras Pili Pampín e Yolanda Vázquez averiguarán que fan uns ingleses vivindo en Arzúa. Vivienne e Richard venderon todo o que tiñan en Londres e instaláronse en Oís, unha aldea de Arzúa.

19:00

GALICIA VIVA

Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López. Hoxe en “Galicia Viva”, pasarela de moda en directo desde Lugo e música co grupo Taburete en Compostela.

20:20

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:45

ESPECIAL BAMBOLEO EXPRESS

21:55

O TEMPO

22:05

LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:15

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación.
“Land Rober de Tunai Show” recibe hoxe a vista dun dos convidados máis aclamados, Maxi Iglesias. Despois de arrasar e dalo todo nas súas anteriores visitas, Roberto Vilar fará que o actor, que vén con máis gana de troula ca nunca, participe nos sketchs e nos xogos.

00:30

VIVIR AQUÍ (Rep.)

01:25

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

01:35

O TEMPO

01:40

MAR DE FONDO

01:40

VIVAN AS TARDES! (Rep.)

03:15

GALICIA VIVA (Rep.)

04:25

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:05

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

05:25

TI VERÁS (Rep.)

06:20

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar