TVG: Troula nocturna do “Land Rober Tunai Show”

Este xoves, a Televisión de Galicia recibirá no “Land Rober Tunai Show” un dos rostros máis populares da música e da televisión, o cantante Blas Cantó. O que fora membro de Auryn visita o programa para gozar e compartir as ganas de troula de Roberto Vilar e o seu equipo.

No espazo da noite dos xoves tamén vai estar a coñecida actriz galega Ledicia Sola, que se verá envolta nos enredos do programa, coma o “Quen Vés Sendo?” e os sketchs máis divertidos, así que as risas están aseguradas.

Todo isto, como non pode ser doutro modo, na compañía de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias ás 22.15 h. no “Land Rober Tunai Show”.

GALICIA VIVA

Nunha nova edición, “Galicia Viva” quererá saber se é merecida a sona que teñen as tortillas en Betanzos enviando un equipo do programa ata a vila e buscando un restaurante para preparar unha boa tortilla. Ademais, nesta conexión comprobarase se o establecemento elixido cociña a mellor tortilla de Betanzos.

O programa que presenta Susana López coñecerá tamén a canteira lucense de deportistas que practican hóckey en liña sobre patíns. As cámaras mergullaranse nun adestramento e nun partido para amosar a boa canteira que hai en Galicia.

Por último, un galego anónimo recibirá por sorpresa na súa casa a visita dun dos reporteiros de “Galicia Viva”.

VIVAN AS TARDES!

Hoxe, as presentadoras Pili Pampín e Yolanda Vázquez contarán, unha tarde máis, con novas e emotivas historias. O programa “Vivan as Tardes!” recibirá a visita de Federico, que deixou o traballo e se trasladou a mil quilómetros por amor a Eva. Os dous queren falarán de como foi esta arriscada experiencia.

No espazo da Televisión de Galicia tamén estarán Gerardo, ao que botaron do seu piso, onde vivía coas dúas fillas pequenas e a muller enferma, e que contará a súa historia coa única persoa que o axudou, e Cristina, que axudou moito e non se sente recompensada, hoxe non se fía nin confía en ninguén. Estará cunha amiga que dará a súa opinión.

A REVISTA

O magazineA Revista” da Televisión de Galicia hoxe fala de ciencia da man dos alumnos de primaria, secundaria e bacharelato galegos. Os reporteiros estarán en directo na XI edición de Galiciencia, que se celebra no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, e amosaranlles aos espectadores algúns proxectos escolares como un sistema para que os xabarís non se acheguen aos cultivos, unhas lentes para persoas invidentes ou un invernadoiro que rega con auga do mar.

O espazo matinal tamén viaxará ata Pontevedra para coñecer de preto a alianza creada entre o Colexio Internacional Sek Atlántico e UNICEF. Este proxecto, levado a cabo dende fai 12 anos, ten como obxectivo unir esforzos para promover os dereitos da infancia nos centros educativos Sek.

De volta ao estudio de gravación, a presentadora Almudena de Urzaiz conversará con Fernando Tato e Susana Sampedro, compoñentes da banda Fernando Tato y Animales, que presentan o videoclip do seu novo single “Todos los gallegos”. O programa tamén recibirá a Gabi Iglesias, directora de oficina do BBVA, que falará de novas tecnoloxías relacionadas coa banca, e Moncho Lemos, que lles achegará aos espectadores as estreas da fin de semana.

tvG2

ZIGZAG

Na edición de “Zigzag” deste xoves, estará no programa a nova realizadora Anxos Fazáns, cuxa ópera prima, a película “A estación violenta”, adaptación dunha novela de Manuel Jabois, se exhibe estes días no festival Cineuropa. Con Nerea Barros, Alberto Rolán e Xosé Barato como protagonistas, leva á pantalla a intimidade desgarrada e a cotiandade tan leve coma por momentos insoportable de tres personaxes.

Os espectadores da tvG2 coñecerán esta tarde outra das propostas de Cineuropa: o documental “Sitio distinto”, de Davide Cabaleiro, que amosa as diferentes olas migracionais de Galicia a Euskadi, un camiño que uniu co tempo dous pobos que comparten o feito de ter dúas culturas e linguas minorizadas.

Por outro lado, o programa presentado por Pilar G. Rego achegarase á actividade do Colectivo Mirasóns, en cuxa páxina web se poden atopar reflexións sobre as relacións dos humanos coas máquinas, os animais e a natureza.

Ademais, “Zigzag” dará conta dos próximos concertos que ofrecerá o veterano compositor, música e cantautor compostelán Luís Emilio Batallán, que iniciou a súa actividade musical nos anos 70 e que semella vivir unha nova primavera creativa. No seu último disco, “70 y 29”, canta ao amor nas súas diferentes facianas, asomándose ao interior das persoas e os sentimentos.

MINUTADO do 23/11/2017 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe, na sección da Entrevista, serán protagonistas José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; Manuel Corredoira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e Noela Blanco, candidata á Secretaría Provincial de Ourense do PSdeG-PSOE. No faladoiro intervirán os xornalistas Roi Rodríguez, Carla Reyes, José Luís Gómez e o avogado Xoán Antón Pérez Lema.


11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Mexillóns con gambas e salsa de tomate”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:30

O FARO Cap. 301

Serie.

12:30

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:40

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:15

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:15

VIVAN AS TARDES!

Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa. Hoxe, o protagonista será Federico, un home que deixou o seu traballo e se trasladou a mil quilómetros por amor.

18:55

GALICIA VIVA

Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López. Hoxe, viaxa ata Betanzos para probar as súas afamadas tortillas.

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:20

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Hoxe, o cantante Blas Cantó e a actriz Ledicia Sola formarán parte da troula do programa. O que fora membro de Auryn e a intérprete galega veranse envoltos nos líos divertidos do Land Rober.

01:10

VIVIR AQUI

Programa de reportaxes. Hoxe dedícalle o seu tempo aos discípulos de Santa Icía, aqueles que viven a música con devoción. Moitos viven a música con devoción, así que “Vivir Aquí” dedícalle esta semana o programa aos discípulos de Santa Icía. A aqueles que senten que a música enche as súas vidas, aínda que non vivan dela. Aos que cantan e tocan en grupo, nun dúo ou cos amigos. A aqueles que son auténticos referentes da música tradicional ou fieis seguidores do rock & roll.

02:10

TELEXORNAL NOITE

02:20

O TEMPO

02:20

MAR DE FONDO

02:25

VIVAN AS TARDES! (Rep.)

03:55

GALICIA VIVA (Rep.)

05:10

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:40

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

06:00

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

06:30

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar