“Saberes e sabores”: A artesanía galega, en Madrid

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, apoiou coa súa presenza a iniciativa “Saberes e sabores” que se desenvolve no Palacio de Santa Bárbara de Madrid ata o próximo 26 de novembro. A capital española acolle unha tenda de Artesanía de Galicia que combina tradición e vangarda cunha selección de pezas de máis de 50 artesáns e artesás e degustacións e obradoiros participativos abertos ao público.

Nava Castro, acompañada da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron os postos, representativos dunha completa escolma dos oficios que conviven no sector artesanal galego, con mostras de xoiería, marroquinería, olería tradicional, cerámica, cestería, téxtil, papel, madeira, coitelería, encaixe e complementos de moda. Xunto a eles, tamén expoñentes da gastronomía, con showcooking a cargo de cociñeiros como o Estrela Michelin Pepe Solla, do restaurante Casa Solla, e exemplos da nova cociña galega como Lucía Freitas, do restaurante A Tafona, e Iago Pazos, de Barra Atlántica e Abastos 4.0.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar