Lugo acolle un campionato de petanca

Lugo acolleu este sábado por primeira vez, un campionato de petanca, logo de que o Goberno habilitara, no pasado verán, unhas pistas para practicar este deporte no Parque da Milagrosa.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, achegáronse a presenciar a competición, impulsada polo Club Petanca de Lugo, coa colaboración do Concello, co obxecto de darlle visibilidade a esta modalidade tan popular. Ao rematar, a rexedora e os edís fixeron entrega dos trofeos aos gañadores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar