TVG: O mítico dúo musical Bacarra inerpretará os seus éxitos en “Bamboleo”

Bamboleo”, o programa da noite dos sábados da Televisión de Galicia, recibe hoxe a visita dun dúo musical mítico, Baccara. Formado en 1977 polas bailarinas españolas Mayte Mateos e María Mendiola, na actualidade, o grupo está composto por Mendiola e Cristina Sevilla. O dúo inicial abriu camiño con temas pop na lingua de Shakespeare como “Yes, sir I can boogie” ou “Sorry I’m a lady”, que tiveron un gran éxito. No programa, esta nova formación interpretará estes temas e un novo, do seu recentemente estreado disco “I Belong to your heart”.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro fará bailar os espectadores coas actuacións do cantante e bailarín Javi Mota e a Orquestra Superfama.

No escenario tamén estarán Noemí González, interpretando “Hoy quiero confesar”, de Isabel Pantoja, e Aldana Saravia, co tema “Skyfall”, de Adele, competindo na sección “Agora ou Nunca”.

Coma sempre, “Bamboleo” contará coa “ITV do amor”, onde un concursante terá que adiviñar cal é

a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, e en “Dirtidansi” actuarán dúas parellas que bailarán un mix de merengue, bachata e quickstep.

AQUÍ GALICIA

O programa “Aquí Galicia” trasládase hoxe á Coruña, onde vivirá o día grande das Festas do Rosario, patroa da cidade. Os reporteiros estarán en directo nos diversos actos organizados para a xornada, como a ofrende floral ou a procesión polas rúas da zona vella herculina.

O espazo da TVG aproveitará a súa presenza na Coruña para percorrer o paseo marítimo da cidade, visitar a praia e a contorna de Riazor, o pazo municipal e os Cantóns. Os reporteiros tamén coñecerán os lugares máis representativos da cidade vella, como a igrexa de Santiago, a colexiata de Santa María, a praza de Azcárraga e a igrexa de San Domingos.

“Aquí Galicia” tamén se interesará polos lugares verdes da cidade, con parada no Monte de San Pedro, nos Xardíns de San Carlos e noutros parques destacados da Coruña; polos últimos centros en incorporarse á rede de museos municipais da Coruña, como o Muncyt, a Casa das Ciencias e a Casa do Home, e polas diferentes casas-museo que se conservan na cidade de personaxes coma Picasso, Rosalía de Castro e Manuel Murguía, María Pita ou Emilia Pardo Bazán.

Pero se algo non podía faltar no programa desta tarde é unha visita á Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

No apartado gastronómico, “Aquí Galicia” contará coa presenza dos gañadores do Concurso de Tapas Picadillo, que se celebra en homenaxe ao alcalde coruñés Puga y Parga, autor do famoso libro de cociña.

Todas estas propostas estarán salferidas ao longo de toda a tarde con distintas actuacións musicais, como o cantante coruñés Sito Sedes; a Agrupación Folclórica Aturuxo, unha das máis antigas de Galicia e das primeiras en realizar recollidas tradicionais; a Asociación Cultural Son D’Aquí, de Monte Alto; as pandeireteiras de Xacarandaina e a tuna de veteranos da Coruña.

TESOUROS NO FAIADO

O programa “Tesouros no Faiado”, que lle amosa ao público o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen, achégase esta semana á Fonsagrada, onde coñecerá a Tino, un anticuario que máis que unha colección ten un museo.

Ademais, Ana Castro terá a tarefa de taxar unha casa na zona vella de Santiago. E o equipo do programa verá como se transforma unha peza galega tan emblemática como un auténtico futbolín Delgado.

TODO QUEDA NA CASA

Eva Iglesias segue este sábado coa súa busca incansable de novos concursantes que queiran amosar a súas vivendas e participar no “Todo Queda na Casa da Televisión de Galicia para levar así uns cartiños. Con este cometido, o programa chegará hoxe ás localidades de Guitiriz e Ribadavia.

Despois de deixar ver as diferentes estancias, a dinámica do concurso baséase nunhas preguntas coas que os residentes na vivenda amosarán o coñecemento que teñen dos seus espazos, obxectos e accións. O programa aproveita, ademais, para coñecer un pouco as persoas da nosa terra, cos seus costumes, manías e gustos. Como sempre, ata o final de “Todo Queda na Casa” non se saberá se, nesta ocasión, alguén é quen de gañar o premio dos 1.000 euros.

A REVISTA FIN DE SEMANA

O programa “A Revista Fin de Semana” ten hoxe unha cita en directo en Marín, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, onde un ano máis se celebra a Festa da Mazá e da Sidra. Os asistentes a este evento gastronómico poderán mercar mazás e sidra nos postos instalados para a ocasión, degustar polbo, empanada e outros deliciosos manxares e deleitarse cos demais actos lúdicos programados.

O espazo da TVG presentado por María Solar tamén ofrecerá unha entrevista coa cantante Uxía Senlle, que presenta novo disco e ven de recibir o Premio da Cultura Galega 2017, que teñen como obxectivo apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos. No estudio de gravación tamén estará a Ariadna Leis, reporteira do programa “Vaia Troula” da Televisión de Galicia, que este domingo estarán nas festas do San Froilán de Lugo.

Sábado, 07.10.2017

BUTACA ESPECIAL

(V.O.S.G.)

PERFUME DE MULLER”

(“Profumo di donna”)

Director: Dino Risi

Elenco: Vittorio Gassman, Agostina Belli, Alessandro Momo, Moira Orfei, Franco Ricci, Elena Veronese, Stefania Spugnini, Lorenzo Piani

It, 1974, 98’, Comedia dramática (12)

**SINOPSE**

A un novo cadete da Armada encoméndaselle a tarefa de servir de acompañante a un irascible capitán cego durante unha fin de semana de viaxe entre Turín e Nápoles. Do capitán, un home bebedor e mullereiro, recibirá o rapaz certas leccións que non poderá esquecer.

MINUTADO do 07/10/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

PILLADOS

09:30

BOS DÍAS

Presenta Pilar Landín.

:

10:05

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

12:00

DESCÚBREME: “Rianxo”

Espazo presentado por Ricardo Barreiro.

:

12:35

REVISTA FIN DE SEMANA

Presenta María Solar.

14:05

INFORMATIVO LOCAL SABADO

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.

15:15

CONTRAPORTADA

Espazo que analiza en profundidade os temas que foron protagonistas da actualidade informativa da semana.

:

15:35

O TEMPO

15:45

VIVIR AQUI

Programa de reportaxes. Hoxe interésase polas delicias de outono e as receitas máis saborosas que se poden elaborar cos seus produtos.

:

16:35

AQUI GALICIA: “A Coruña”

Magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña. Hoxe trasládase á Coruña para vivir o día grande das Festas do Rosario, patroa da cidade.

:

19:20

TESOUROS NO FAIADO

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen. Hoxe taxará unha casa na zona vella de Santiago e transformará unha peza galega tan emblemática como un auténtico futbolín Delgado.

:

20:20

TODO QUEDA NA CASA

Volve “Todo Queda Na Casa” á Televisión de Galicia cunha nova presentadora, a polivalente Eva Iglesias.O concurso da TVG percorrerá a comunidade na busca de participantes que lle amosen as súas casas ao equipo do programa para gañar ata 1.000 euros. Hoxe, Guitiriz e Ribadavia ábrenlle as portas ao programa.

:

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

ESPECIAL: “Bamboleo express 100”

:

22:20

BAMBOLEO

O mítico dúo musical Baccara interpretará os seus grandes éxitos. O cantante e bailarín Javi Mota e a Orquestra Superfama tamén se subirán ao escenario do programa para facer bailar o público.

:

00:55

VIVIR AQUI

Programa de reportaxes. Hoxe interésase polas delicias de outono e as receitas máis saborosas que se poden elaborar cos seus produtos.

:

01:50

SOPA DE FESTA : “Festa da faba de Lourenzá – Lugo”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. “Sopa de Festa” levará hoxe os espectadores da TVG ata terras lucenses, en concreto ata A Lourenzá. Esta comarca está de cheo en plena recollida da súa legume máis famosa: a faba. E como non podía ser doutro xeito, os seus produtores e os habitantes da vila celébrano coa XXVII Festa da Faba, un evento declarado de Interese Turístico de Galicia.

:

02:25

BUTACA ESPECIAL: “Perfume de muller”

(“Profumo di donna”), de Dino Risi, con Vittorio Gassman, Agostina Belli, Alessandro Momo, Moira Orfei, Franco Ricci, Elena Veronese, Stefania Spugnini, Lorenzo Piani. It, 1974, 98’, Comedia dramática (12) (V.O.S.G)
A un novo cadete da Armada encoméndaselle a tarefa de servir de acompañante a un irascible capitán cego durante unha fin de semana de viaxe entre Turín e Nápoles. Do capitán, un home bebedor e mullereiro, recibirá o rapaz certas leccións que non poderá esquecer.

:

04:00

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

05:55

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ”: “Castelo de Vimianzo”

06:05

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

06:25

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

06:45

REVISTA FIN DE SEMANA (Rep.)


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto