Ferrol:
Roteiro literario de Ricardo Carvalho Calero

Ferrol lembrará este sábado o extenso e excelso legado de Ricardo Carvalho Calero cun roteiro literario especial e específico na posta en valor da súa figura e a súa achega a lingua, a literatura e a historia de Galicia desde o seu berce, na nosa cidade.

O roteiro sairá as 17:30 horas desde a Praza Vella, a carón da súa casa natal, na rúa San Francisco e iniciará un percorrido pola súa traxectoria vital e académica. É de balde e non precisa de inscrición previa, será un paseo de uns 90 O roteiro conta co respaldo da Concellería de Educación e Cultura que encabeza Suso Basterrechea, que animou as veciñas e veciños a sumarse a esta actividade que nos permitirá afondar na nosa propia historia a través da historia vital de figuras destacadas como Carvalho Calero.

O Concello de Ferrol, por unanimidade de todos os grupos do arco municipal, leva anos propoñendo e reclamando a Real Academia Galega que adique a Calero o Día das Letras Galegas. Foi solicitado, por última vez e sen éxito, no ano 2016 co acordo plenario e tamén da Mancomunidade da ría de Ferrol.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-1990), poeta, ensaísta e dramaturgo con sobrados méritos acreditados como ser o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da USC, é fillo predilecto do Concello de Ferrol.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto