TVG: Amplo cartel musical no “Luar” desta noite

O programa “Luar” recibirá hoxe a visita do rapeiro e actor Juan Manuel Montilla, máis coñecido como El Langui, a cara máis visible do grupo de rap La Excepción, que se separou hai xa cinco anos. Pese á disolución da banda, non baixou o ritmo e o seu primeiro disco en solitario, titulado “Hola”, foi galardoado como mellor álbum do ano 2016 nos Premios da Música Independente.

Ademais de en solitario, El Langui actuará xunto ao grupo de música de rumba Los Calis, outros dos convidados do programa, amosando unha nova versión rap de “Heroína”, a súa canción máis coñecida e unha das máis destacadas do estilo bautizado como rumba vallecana. Los Calis tamén interpretarán outro dos seus grandes hits dos anos 80: “Una paloma blanca”.

Polo escenario de “Luar” tamén pasará este venres a polifacética cantante galega Lucía Pérez, unha das artistas máis queridas polo público e espectadores galegos, aos que lles amosará a súa versión da coñecida canción “A rumboia”, de A Quenlla.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera ofrecerá a actuación da popular cantante e bailarina brasileira Regina dos Santos, que a bo seguro volverá engaiolar os espectadores cos seus ritmos explosivos e coa súa simpatía.

O “Luar” deste venres tamén contará coa presenza do grupo Broken Peach, que creou un novo xeito de fusionar a música co espectáculo intentando desmarcarse das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. O seu eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, o funk e o pop.

O cartel musical desta noite complétase coas actuacións da orquestra Poceiro, do grupo de pandeireteiras e de música tradicional Lirolai, da charanga Os do Fuelle, da Tuna de Veteranos da Coruña e da formación portuguesa Bombos de Lavacolhos.

Finalmente, e dentro do concurso “Recantos”, os espectadores asistirán esta semana ás actuacións de Borja Fuentes, procedente da Terra Chá, e de María Vidal, representante da comarca Terras de Ordes.

A REVISTA

A Deputación de Ourense organiza, en colaboración co Consorcio Provincial para o servizo contra Incendios e de Salvamento e a empresa Aerocámaras, o primeiro curso en España de Piloto de Drons para situacións de emerxencias con homologación. Hoxe “A Revista” conectará en directo cunha das práctica de dron levadas a cabo no embalse das Conchas no Concello de Muiños. Os reporteiros tamén estarán no Concello de Teo, que organiza as xornadas enogastronómicas culturais PicoTeo 2017, en que participan dezanove establecementos de hostalaría local.

De volta no estudio de gravación, o programa recibirá a visita do neuropsicólogo Álvaro Bilbao, que presenta o seu libro “Todos a la cama”, que ofrece estratexias claras, prácticas e respectuosas que axudarán aos pais para conciliar as súas necesidades de descanso coas dos seus fillos. O presentador Sevi Martínez tamén conversará co experto en animais Octavio Villazala.

tvG2

ZIGZAG

A presentadora de “Zigzag”, Pilar G. Rego, conversará este venres con Paulo Rodríguez, director do ciclo de danza do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, que mañá achega o traballo “Lur Away”, das creadoras vascas María Ibarretxe e Alaitz Arenzana.

Por outro lado, o espazo da tvG2 entrará nos ensaios de “Fillos do Sol”, montaxe teatral coa que esta fin de semana baixa o telón o FIOT de Carballo, que celebra así o 100 aniversario da morte de Eduardo Pondal. A proposta da compañía Contraproducións, dirixida por Cándido Pazó, é unha elucubración teatral sobre a figura do bardo coruñés e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: “Os Eoas”.

Ademais, o programa unirase á celebración do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego, que, con motivo desta efeméride, ofrece unha semana de portas abertas e múltiples actividades. Desde a súa orixe, esta institución quixo ser algo máis que un depósito de obxectos e un relato do pasado para contribuír, na medida das súas posibilidades, á reflexión colectiva sobre os problemas actuais do país, así coma as posibles vías para a súa solución.

Finalmente, “Zigzag” dedicaralle unha pequena homenaxe a Valle-Inclán, con motivo do 150 aniversario do seu nacemento, e amosará as primeiras imaxes de “Aquilo que arde”, o novo filme de Oliver Laxe, que narra a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares.

MINUTADO do 27/10/2017 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

12:30

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIGZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:35

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:25

GALEGOS NO MUNDO “Glasgow”

 Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:25

QUE CASAS

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa.

20:05

PEZAS ERA VISTO

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Hoxe, amplo cartel musical, coas actuacións de El Langui, Los Calis, Lucía Pérez e Regina dos Santos. A banda Broken Peach, a orquestra Poceiro, o grupo de pandeireteiras Lirolai e a Tuna de Veteranos da Coruña tamén pasarán polo escenario do programa.

01:30

CASAMOS “A historia de amor de Laura e Adrián”

 As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!”. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.

02:30

TELEXORNAL NOITE

02:45

QUE CASAS (Rep.)

03:35

NOITE DE JAZZ

 Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

03:50

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

04:10

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

04:30

TI VERÁS (Rep.)

05:30

GALEGOS NO MUNDO “Glasgow” (Rep.)

06:20

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar