Convenio entre Expourense e a Fundación Semana Verde de Galicia

A Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, ven de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia co obxectivo de promover accións que contribúan ao desenvolvemento do sector feiral na nosa comunidade e, dun xeito particular, a estes dous recintos. Este convenio foi asinado esta mañá en Silleda por parte dos directores xerais de ambas as dúas entidades, Alejandro Rubín (Expourense) e Ricardo Durán (FIG ABANCA).

O documento asinado inclúe accións de intercambio e promoción mutua nas citas feirais organizadas por ambas fundacións. Cabe destacar que o de Ourense e o de Silleda con os dous únicos recintos feirais públicos de Galicia que organizan feiras recoñecidas co Selo de Internacionalidade do Goberno de España, sumando en total 4 das 6 internacionais celebradas na nosa comunidade. Expourense organiza Xantar (Salón Internacional de Turismo Gastronómico), Termatalia (Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar) e Funergal (Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios). Pola súa parte, a Fundación Semana Verde de Galicia organiza a feira que lle da nome, ABANCA Semana Verde de Galicia, e que coordina con catro certames paralelos e complementarios. Ambos os dous recintos organizan unha media de 40 citas ó ano que convocan a máis de 300.000 visitas.

Coa sinatura deste convenio, Expourense e a Fundación Semana Verde reivindican unha vez máis o papel das feiras como centros de negocios e como foros de coñecemento, destacando ademais o papel das mesmas como dinamizadores económicos do lugar no que se celebran.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar