Lugo festexará o sábado o Samaín cun baleirado de cabazas

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza para este sábado, 28 de outubro, un obradoiro de baleirado de cabazas para conmemorar o Samaín. O taller, dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, terá lugar entre as 18:00 e as 20:00 horas no Mercado Municipal.

Tal e como explicou a edil, poderán participar uns cen cativos, previa inscrición no Servizo de información cidadá 010.

Para Carmen Basadre, quen animou aos lucenses máis pequenos a participar nesta actividade que pretende manter viva unha tradición e recuperar unha festividade nacida no pobo castrexo; este taller constitúe unha forma de ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas lembrando costumes ancestrais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar