A Xunta e a Asociación de Xordos afondan na colaboración a prol do colectivo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro con responsables da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), encabezada polo seu presidente, Iker Sertucha Lista, para afondar na colaboración conxunta a prol deste colectivo.

A Xunta aprobou o ano pasado o Decreto que regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia, co obxecto de garantir unha mellor e maior atención cidadá, en especial ás persoas con discapacidade.

Para favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade visual, incorporou a posibilidade de presentar suxestións e queixas a través do telefono 012, e no que respecta as persoas xordas, co novo decreto garantiuse a permanencia do servizo de videointerpretación en lingua de signos para facilitar a intercomunicación coa administración galega e a realización dos trámites necesarios. No marco da reunión a a Federación solicitou estender a implantación deste servizo a outros ámbitos de atención.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ten como misión xerar as condicións que, tomando como base a identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades. Actualmente a FAXPG está composta por sete asociacións locais repartidas por todo o territorio autonómico: Asociación de persoas xordas de A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Ferrol e Pontevedra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar