TVG: “Os Tonechos” reencontranse hoxe no programa 100 de “Land Rober Tunai Show”

“Land Rober Tunai Show” celebra o programa 100 en antena e nesta ocasión tan sinalada o espazo da noite dos xoves fará realidade o reencontro máis agardado da historia da Televisión de Galicia, recibirá a visita de Víctor Fábregas. O mítico compoñente de “Os Tonechos” pintará a mona na que será a súa primeira actuación co presentador Roberto Vilar tras a separación do dúo cómico. Será unha ocasión para recordar e celebrar.

Ademais, volverán dous clásicos do programa que nunca fallan, un “Radio Rober” moi especial e os sketchs máis tolos e desenfreados nos cales terán o seu sitio as falcatruadas de José María e José Luís, máis coñecidos como “Os Gorrillas”.

Todo isto e algunha que outra sorpresa na compañía dos colaboradores Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, este xoves ás 22.10 h. na canle pública.

A REVISTA

Hoxe “A Revista” recibe a visita do virtuoso violinista Ara Malikian que coa súa “Increíble Gira de Violín” esgota entradas no seu percorrido por Galicia. O artista, de nacionalidade española pero ascendencia libanesa, ten unha facilidade para facer vibrar as cordas fóra do común. Hoxe o público compostelán poderá gozar do seu traballo no Palacio de Congresos e Exposicións da capital galega.

No estudio de gravación tamén estarán, xunto ao presentador Sevi Martínez, Gabi Iglesias, directora dunha oficina do BBVA, que falará das novas tecnoloxías relacionadas coa banca, e o xornalista Moncho Lemos, que lle achegará aos espectadores as estreas desta semana.

Ademais, os reporteiros conectarán en directo con dúas cidades galegas. Por unha banda estarán no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, para coñecer o “ALOHA Mental Arithmetic”, un programa de desenvolvemento mental para nenos que consegue que os seus alumnos melloren en Matemáticas e que as fagan divertidas. Este proxecto, levado a cabo por 18 colexios da provincia da Coruña, proponlles aos alumnos diferentes retos mentais. Por outro lado, estarán en Pontevedra nun stand de información e merchandasing da Asociación Española Contra o Cancro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro de Mama.

tvG2

ZIGZAG

O espazo cultural da Galega “ZigZag” comeza hoxe o seu tempo conversando no estudio de gravación con Fran Gayo, director do Festival de Cine Internacional de Ourense, que arrinca este venres a súa 22 edición na cidade das Burgas. No certame, que se estenderá ata o próximo 27 de outubro, participarán 77 pezas procedentes de 23 países distintos. Por este motivo, o programa dedicaralle unha reportaxe ás estreas cinematográficas galegas que se exhibirán neste festival, convertido xa nun referente cultural da cidade.

Outro dos contidos da presente edición amosará a exposición Fernando Rey. Cabaleiro do cinema (1917-2017), que hai aberta no Kiosco Alfonso da Coruña sobre a vida e figura deste actor, nado na cidade herculina e considerado como un dos grandes artistas do noso país.

O espazo que presenta Pilar G. Rego na tvG2 falará tamén de música, dos concertos que ofrecerá proximamente a Orquestra Sinfónica de Galicia, en cidades como Vigo e Ferrol, nos que destaca unha obra do compositor galego Octavio Vázquez.

A variada oferta artística do XXII Festival Galicreques, que está a desenvolverse ata o 22 de outubro en Compostela, completa hoxe as propostas do “ZigZag”.

MINUTADO do 19/10/2017 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Na entrevista contarase con Fernando Suanzes Pérez, fiscal superior da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia. No faladoiro intervirán os xornalistas Roi Rodríguez, María Méndez, Domingos Sampedro e o escritor Francisco Castro, director da editorial Galaxia.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Presa glasada con crema de mazá e apio”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:25

O FARO Cap. 277

Serie.

12:20

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:30

O TEMPO

15:45

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:15

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:25

GALEGOS NO MUNDO “Santo Domingo”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:20

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa.

20:05

PEZAS ERA VISTO

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:10

LAND ROBER TUNIAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. “Land Rober Tunai Show” celebra o programa 100 en antena e nesta ocasión tan sinalada o espazo da noite dos xoves fará realidade o reencontro máis agardado da historia da Televisión de Galicia, recibirá a visita de Víctor Fábregas.

00:20

QUE CASAS! (Rep.)

02:05

TELEXORNAL NOITE

02:15

O TEMPO

02:20

MAR DE FONDO

02:20

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

02:50

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

03:00

NOITE DE JAZZ

03:30

TI VERÁS (Rep.)

04:35

GALEGOS NO MUNDO “Santo Domingo” (Rep.)

05:25

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

05:55

PEZAS ERA VISTO “Un morto na casa”- Kevin namorado”

06:10

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar