Expourense: Presentación do noveno Salón do Automóbil

 

Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 9º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 20 ó 22 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 27 ó 29 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2018. En total, participarán 17 empresas representando a 26 marcas.

Esta dobre cita foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participou o presidente do comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada; o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; o director da zona centro Ourense de ABANCA, Carlos Alberto Díez; o secretario xeral de Cáritas, Javier Soto; e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Estiveron acompañados por boa parte dos directivos de A.C.A.U.T.O.

Durante a súa intervención, Juan Carlos Parada, incidiu en que “este salón é un magnífico exemplo da cooperación que Expourense mantén co tecido empresarial da provincia, apoiando e servindo de plataforma para o desenvolvemento do negocio das empresas locais”. Pola súa parte, o presidente de A.C.A.U.T.O. explicou que “vai ser a maior exposición de automóbiles de Galicia presentando ademais 32 novos modelos”.

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Estas citas contan co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, que se suma a este proxecto, e a ABANCA, que reafirma un ano máis o seu apoio. Este ano repítese a colaboración entre Expourense e A.C.A.U.T.O. con Cáritas Ourense, presentes no Salón cun stand informativo. Ademais os organizadores colaborarán de novo con “Stop Accidentes” que contarán cun stand informativo nestas citas e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Rescate” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

O horario do 9º Salón do Automóbil será os venres 20 e 27 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 21 e 28 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 22 e 29 de outubro de 11.00 a 20.00h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).

NOVIDADES: 32 novos modelos:

ABARHT: 124

AUDI: Q5

BMW: X3; SERIE 5

FIAT: 500 L CROSS

FORD: FIESTA; KUGA ST-LINE

HYUNDAI: KONA

KIA: PICANTO; RIO; STONIC

MAZDA: CX-5

NISSAN: MICRA; QASHQAI; X-TRAIL; 370 Z NISMO

OPEL: GRANDLAND X; CROSSLAND X; INSIGNIA GRAND SPORT

PEUGEOT: 308; PARTENER TEPEE ELECTRONIC

RENAULT: KOLEOS; SCENIC; SPACECLASS

SEAT: IBIZA; ATECA FR;: ARONA

SKODA: KODIAQ

TOYOTA: CHR

VOLKSWAGEN: ARTEON; POLO

VOLVO: XC60

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar