Dous feridos ao sairse da calzada en Castrelo de Miño

 

Dúas persoas resultaron feridas ao envorcar o vehículo no que viaxaban despois de saírse da vía. Un dos ocupantes puido saír polos seus propios medios do interior do turismo, pola contra, o outro ocupante tivo que ser excarcerado, ao quedar atrapado no vehículo.

O accidente ocorreu sobre as 12:15 horas deste mediodía. Foi un particular quen, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. No seu relato, indicou que o coche estaba envorcado nun terraplén á altura do  pobo de Oleiros, na N-120, no concello ourensá de Castrelo de Miño. Aseguraba tamén que había feridos e posibles atrapados.

Decontado, os profesionais do CIAE puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Ribadavia e a Protección civil da localidade.

Debido á gravidade, os servizos sanitarios optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense que, tomou terra no mesmo punto dos feitos.

Efectivos do GES confirmaron ao 112 Galicia que tras liberar  á  persoa, os servizos sanitarios se encargaron da súa evacuación.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar