TVG:Os actores Beatriz Serén e Evaristo Calvo, hoxe no “Land Rober Tunai Show”

Esta semana, “Land Rober Tunai Show” recibe a visita de Beatriz Serén, actriz da famosa serie “Pazo de Familia”, cuxa nova temporada vai chegar á Televisión de Galicia o próximo luns 30 de outubro. Pero antes diso, vaise ter que enfrontar ao showman máis “falcatrueiro” da pequena pantalla e aos seus colaboradores.

Tamén vén pintar a mona xunto ao presentador Roberto Vilar o actor galego Evaristo Calvo, que se vai atopar fronte a fronte cos xubilados máis desenfreados. Ademais, coma sempre, no espazo dos xoves á noite haberá xogos cos espectadores e regalarán outra das flamantes camisetas oficiais do programa.

Todo isto, como non pode ser doutro modo, na compañía de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, este xoves, ás dez da noite.

ESPECIAL INFORMATIVO

Televisión de Galicia ofrece esta sobremesa, ás 15.50 horas, un “Especial Informativo” centrado en Cataluña. Presentado por Marta Darriba e Alfonso Hermida, realizará un seguimento das novas derivadas da celebración do Pleno no Parlamento de Cataluña e no Senado, a dous días de que a Cámara Alta aprobe as medidas anunciadas polo Goberno para intervir a autonomía ao amparo do artigo 155 da Constitución.

No estudio de gravación, na mesa de análise contarase coa participación dos xornalistas José Luis Jiménez e José Luis Gómez, dos politólogos Ana Luísa Bouza e Xosé Luis Barreiro, e de Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional.

O especial terá dous puntos de directo, en Barcelona, onde estará Xosé Manuel Maseda, e en Madrid, cos xornalistas Xosé Manuel Ares e Luis E. Ramos, para informar sobre todas as reaccións que se vaian xerando.

A REVISTA

O magazine “A Revista” acompañará un grupo de 200 persoas que gozan hoxe das propostas de Depotermal, un programa de asistencia en balnearios que trata de fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, favorecendo a participación en actividades e establecendo novas relacións sociais.

O espazo estará tamén, en directo, nas Salinas de Ulló, declaradas Espazo Natural Protexido Rede Natura 2000, son todo un exemplo de sustentabilidade e un símbolo da loita contra o cambio climático e os efectos do quentamento global. Situadas na localidade pontevedresa de Vilaboa, os seus restos, agora restaurados, remóntanse ao século XVII.

Bruno Díaz, director do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), o instituto para o Estudo dos Delfins Mulares, que ten base no Grove, acode hoxe ao estudio de gravación de “A Revista” para falar da maior presenza desta especie, así como de baleas azuis en augas galegas.

No estudio, Sevi Martínez conversará tamén con Mabel Rivera e Iria Sobrado, dúas das actrices principais de “Pazo de Familia”, ante o comezo inminente desta serie da Galega o próximo luns. Nai e filla na produción achegaranlles aos espectadores as claves das tramas principais da nova temporada.

Como é habitual cada xoves, “A Revista” contará coa colaboración de Gabi Iglesias, para resolverlle dúbidas financeiras á audiencia, e de Moncho Lemos, coas novas cinematográficas que incorporarán as carteleiras galegas esta fin de semana.

MINUTADO do 26/10/2017 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. No faladoiro hoxe intervirán os xornalistas Roi Rodríguez, María Méndez e José Luis Gómez e o membro da Coordinadora de Compostela Aberta, Pepe Arias.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Peixe rei á bilbaína”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:25

O FARO Cap. 282

Serie.

12:20

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIGZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega

15:35

O TEMPO

15:50

ESPECIAL INFORMATIVO

Presentado por Marta Darriba e Alfonso Hermida, realizará un seguimento das novas derivadas da celebración do Pleno no Parlamento de Cataluña e no Senado.

17:30

GALEGOS NO MUNDO “Oxford”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:30

QUE CASAS!

Tamén visitará o fogar da coruñesa Verónica Calvete, que, despois participar nun coñecido reality, abre as portas da súa espléndida vivenda para o equipo do programa. Outro dos protagonistas deste arranque de temporada será o construtor compostelán José Otero Pombo, que amosará a súa casa ás beiras do río Sarela. Desprazándose a Ferrol, Carballedo, Vigo e Trazo, o novo programa da TVG completará un total de sete casas moi diferentes entre elas.

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:10

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Hoxe, os actores galegos Beatriz Serén e Evaristo Calvo pintarán a mona no programa.

00:20

VIVIR AQUI

Programa de reportaxes. Hoxe a tortilla será a gran protagonista. Cadaquén ten as súas preferencias e, para probalas, Galicia é territorio entregado a este prato, que se pode facer de mil maneiras: con moita sona e tradición, de récord Guinness e ata con empanada.

01:15

TELEXORNAL NOITE

01:30

QUE CASAS! (Rep.)

03:15

O TEMPO

03:20

MAR DE FONDO

03:25

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

03:45

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

04:10

NOITE DE JAZZ

04:50

VIVIR AQUÍ_REPORTAXES (Rep.)

05.00 O FARO (Rep.)

05:50

GALEGOS NO MUNDO “Oxford” (Rep.)

06:45

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar