Expourense mantivo “Celebra” e a “Mostra do Bebé”

 

Expourense clausurou onte unha fin de semana adicada fundamentalmente as familias para coñecer a oferta de calidade e innovadora que concentraban os expositores ourensáns de Celebra, o 18º Salón de Actos Sociais e de Bebega, a primeira Mostra do Bebé, que recibiron máis de 2.000 visitas ao longo destes días. Esta doble cita reuniu a 60 expositores, o 90% da provincia de Ourense, facilitando así unha plataforma ao comercio local para dar a coñecer os seus produtos e servizos ante novos potenciais clientes.

A 18ª edición da feira definiuse por un marcado carácter creativo impulsado por emprendedores da provincia de Ourense, non só en moda nupcial e de festa, senon en todo o que rodea a organización dun evento. As dúas pasarelas Celebra congregaron centos de asistentes interesados en coñecer as novas liñas das firmas colaboradoras que presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilismos internacionais en perruquería e maquillaxe así como as novas tendencias en arranxos florais e xoiaría fabricada en Ourense e a medida.

As variadas novidades que se puideron observar na pasarela para a vindeira temporada en moda nupcial de vestidos de noiva foron o emprego de tecidos coma o tul, o crepé ou o encaixe e incluso plumas, as saias con moito vó sen deixar de lado a silueta feminina e introducindo numerosos complementos. En moda nupcial para home presentáronse coleccións cunha gran aposta polos traxes de cores azuis, verdes e burdeos, sen desbancar ao tradicional de cor negro.

También se expuxo moda de festa onde o color e as grandes xoias foron as protagonistas, e un completo desfile tamén de traxes de comunión e cerminonia para os máis pequenos.

Á hora de organizar un evento, as costumes evolucionan e moitas das parellas ourensás tenden a facer casamentos máis reducidos e familiares, aínda que o que máis se está a solicitar son as vodas temáticas e completamente personalizadas. Neste tipo de eventos os profesionais coinciden en que algún dos elementos máis demandados está sendo a instalación de mesas doces, os “photocalls” ou as grandes iniciais dos protagonistas, de madeira ou luminosas. As parellas e familias visitaron o salón para planificar o seu evento pero, sobre todo, na busca de ideas para ser orixinais e diferenciarse pero sen ter que pagar máis por elo.

 

BEBEGA

Bebega axudou ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. Esta primeira edición serviu, sobre todo, de escaparate para que os visitantes puideran coñecer de primeira man a oferta de empresas e comercio ourensáns de moda e puericultura que en moitos casos están a fabricar na propia provincia, ou se trata de exclusivas que se comercializan en Galicia chegadas das últimas feiras europeas. Os visitantes tamén puideron observar un escolma de productos e servizos orientado ao benestar do recén nado: interiorismo, desenvolvemento intelectual, seguridade viaria, atención sociosanitaria, etc. Ademáis, os expositores realizaron entre os visitantes numerosos descontos e sorteos de packs para bebés.

Nesta última xornada os papás e as mamás que se achegaron ata o recinto puideron asistir a unha conferencia sobre lactación e preparación ao parto impartida pola Asociación Galega de Matronas coa finalidade de motivar, educar e tranquilizar ás futuras nais. A futura mamá tivo a oportunidade de experimentar o son dos seu bebé grazas a o aparato Sonicaid que achegaron ata o recinto. Un dos obradoiros máis interactivos foi o que impartiron dende o centro Nenoos sobre ioga infantil, onde os pais aprenderon técnicas desta disciplina milenaria que ofrece moitos beneficios aos nenos tanto a nivel físico como mental axudando, por exemplo, a conciliación do sono, o autocontrol e a relaxación.

Remata así unha fin de semana ateigada de actividade en Expourense. A vindeira cita no recinto feiral será a próxima fin de semana coa celebración do 9º Salón do Automóvil.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar