Ourense:Hoxe, Entroido de Verán 2017

Concello de Ourense e Asociación Cultural Praza do Correxidor convocan o Entroido de Verán 2017, que se celebrará polas rúas do Casco Vello da cidade hoxe sábado desde as 21:00 horas. Para animar á participación, a Concellería de Cultura convoca un concurso que premiará os mellores disfraces individuais e de grupo que participen no Entroido aberto a grupos, parellas, e tamén persoas a título individual, que desexen acudir ao desfile.

Ata 9 solicitudes se presentaron na área de Cultura para participar no desfile, que sairá ás 21:00 horas da Praza Maior, e percorrerá a rúa Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será á 01:00h nesta última praza.

Un xurado formado por 5 integrantes elixirá a gañadores e gañadoras tendo en conta a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade. Haberá premios nas categorías:

  • Individual: Primeiro 150€, Segundo 100€, Terceiro 50€ e 5 accesits de 30€

  • Parellas: Primeiro 150€, Segundo 100€ e Terceiro 50€

  • Grupos (máis de 4 persoas): Primeiro 300€, Segundo 200€ e Terceiro 100€

  • Especial á mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”: 75€

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar