Lugo:Os maiores viven o seu día no San Froilán

Os festexos do San Froilán dedican a xornada do luns aos maiores. O programa festivo comezou ás 11:30 horas, cunha actuación a cat¡rgo da charanga OT, que animou o Mercado Municipal e a Praza de Abastos, onde tivo lugar a iniciativa Saborea o San Froilán, así como a rúa Progreso, Raíña, Campos Castelo, San Pedro e Praza Maior. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, salientou o ambiente nas rúas e prazas ao longo desta fin de semana, incluso máis aló do feiral e do central. Así mesmo convidou a toda a cidadanía a participar nos distintos actos programados para hoxe así como nos días que quedan de festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional.Ás 17:30 arrincou a verbena na Praza Maior, como é de costume, coa orquestra luguesa Acordes, que leva máis de 25 anos ofrecendo o mellor da música para bailar nas festas. Os Pelúdez tampouco quixeron faltar a esta cita.

MITIC El Espectáculo sorprenden na Praza de Santa María e previamente foi a charanga Os amigos de Manolo os que amenizaron as rúas.

Mañá mércores, a programación festiva iniciarase da man da charanga Viño Branco, por Quiroga Ballesteros, praza da Soidade e a zona dos viños. O relevo collerao Musel, que ofrecerá en Campo Castelo a sesión vermú. As 18:00 horas, o Vello Cárcere será testemuña dunha nova edición de A Letra das Festas, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración do Concello. As actuacións de Os Jalácticos pola rúa dos viños, o concerto de La Descarga na praza da Milagrosa e a presentación de Verbas no vento de Xoán Eiriz en Santa María son parte do sexto día das festas.

Máis información en www.sanfroilan.info

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar