Deputación de Ourense e empresarios do Polígono estudan cooperar

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, acompañado do vicepresidente desta entidade, José Enrique Rodríguez, e da secretaria da asociación, Yolanda López. Na reunión, Baltar e Mera analizaron novas iniciativas de cooperación público-privada para desenvolver conxuntamente entre a institución provincial e a asociación de empresarios, entre as que figuran analizar as posibilidades do establecemento dunha zona franca, e a elaboración dun estudo económico sobre “O Polígono en cifras”. Manuel Baltar destacou a “importante alianza de colaboración existente entre a Deputación de Ourense e a Asociación de empresarios do Polígono, que se traduce en cooperación, entre outros, nos ámbitos do emprendemento, a internacionalización de empresas ou mesmo na colaboración que a institución provincial presta ao polígono de San Cibrao das Viñas no ámbito das emerxencias e bombeiros”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar