Parlamento:PPdeG y PSdeG, contra los partidarios de la situación de Cataluña

Intervenciones previas en la primera sesión del Debate

Las posiciones políticas del Bloque y En Marea fueron objeto de duras críticas por parte de los diputados del PPdeG y del PSdeG-PSOE en la jornada final del Debate sobre la Autonomía en el Parlamento.

Por parte de los populares, el viceportavoz y secretario general, Miguel Tellado, ha trasladado  y condenado que el apoyo a los partidarios de la fragmentación de España por parte de Cataluña quieran hacer lo propio con Galicia

Por parte de los socialistas, la diputada Patricia Vilán, ha señalado que son precisas reformas en el ámbito constitucional, a la vez que criticó los apoyos transmitidos publicamente al nacionalismo radical catalán por parte del BNG y en Marea.

Los representantes de los partidos nacionalistas centraon su intervención en argumentar en favor de la situación de Cataluña.

 

LISTA OFICIAL DOS ACORDOS ACADADOS

 

O Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión do día 4 de outubro de 2017 aprobou, no punto único da orde do día (Debate anual de política xeral: doc. núm. 16667, 10/DEBA-000001), as seguintes resolucións:

1.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

a) Aplicar do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020 con especial intensidade as medidas enfocadas a protexer os usuarios máis vulnerables da estrada, desenvolvendo actuacións de mellora da mobilidade peonil, con atención específica á seguridade e á accesibilidade; mellora da mobilidade ciclista; e protección dos motoristas.

b) Realizar as actuacións precisas para mellorar a seguridade viaria en todos os treitos de concentración de accidentes rexistrados na rede de estradas de titularidade autonómica.

c) Demandar do Goberno do Estado as actuacións necesarias para mellorar a seguridade viaria nos treitos de concentración de accidentes na rede de estradas da súa competencia.»

Aprobada por unanimidade de 74 deputados e deputadas.

(Resolución resultante da transacción entre o G.P. do Bloque Nacionalista Galego e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 14 do G.P. Popular de Galicia)

2.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a consensuar coa Federación Galega de Municipios e Provincias, coa Igrexa católica e coa Administración xeral do Estado, un plan de eliminación dos elementos de exaltación do franquismo que subsisten en Galicia, conforme o establecido na Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor das persoas que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.»

Aprobada por 55 votos a favor, 14 en contra e 6 abstencións.

(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 39 do G.P. Popular de Galicia)

3.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a deixar de patrocinar calquera evento deportivo, afeccionado ou profesional, no que os premios polos mesmos postos e categorías teñan diferenza de contía entre a competición masculina e a feminina.»

Aprobada pola unanimidade dos 74 deputados e deputadas.

(Resolución resultante da transacción entre o G.P. do Bloque Nacionalista Galego, o G.P. de En Marea e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 9 do G.P. Popular de Galicia)

4.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia expresa a súa adhesión ao contido do discurso formulado no día 3 de outubro polo Xefe do Estado no que demanda o cumprimento da orde constitucional, o normal funcionamento das institucións, a vixencia do Estado de Dereito e o autogoberno de Cataluña, baseado na Constitución e no seu Estatuto de Autonomía, que ofrece as vías constitucionais para que calquera persoa poida defender as súas ideas dentro do respecto á Lei, nun espazo de concordia e de encontro con todos.»

Aprobada por 55 votos a favor e 20 en contra.

(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 37 do G.P. Popular de Galicia)

5.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia lamenta os episodios que alteraron a pacífica convivencia o 1 de outubro en Cataluña e manifesta a súa solidariedade e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil no seu labor de defensa e protección dos dereitos e liberdades amparados pola Constitución Española a todos os cidadáns, condenando o acoso que están a sufrir os seus membros, entre os que se atopan axentes galegos e galegas desprazados a Cataluña, por defender o Estado de Dereito e salvagardar a convivencia, a seguridade e a tranquilidade da cidadanía.»

Aprobada por 55 votos a favor e 20 en contra.

(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 38 do G.P. Popular de Galicia)

6.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a ofertar e convocar máis prazas para persoas con discapacidade intelectual, noutros corpos de funcionarios e categorías laborais distintas ás actualmente realizadas, así como a difundir esta iniciativa entre as administracións locais de Galicia e a prestarlles colaboración para que poidan levar a cabo este proceso, co fin de acadar a condición de empregado público para estas persoas e facilitar a súa inserción laboral e autonomía persoal.»

Aprobada por 47 votos a favor, 14 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 18 do G.P. Popular de Galicia ).

7.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar o seu apoio aos galegos da diáspora, intensificando os programas de apoio ao retorno e, en particular, dirixíndose ao Goberno de España para que exhorte o goberno de Venezuela a asumir as súas responsabilidades cos galegos e galegas que residen en Venezuela ou que teñen retornado a Galicia e que teñen dereito a percibir unha pensión de xubilación que o réxime bolivariano rexeita pagar dende xaneiro de 2016.»

Aprobada por 56 votos a favor, ningún en contra e 19 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 26 do G.P. Popular de Galicia).

8.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar solicitando a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) para que poida ser xestionada dende a proximidade polo Goberno autonómico.»

Aprobada por 55 votos a favor, 14 en contra e 6 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 32 do G.P. Popular de Galicia ).

9.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que efectúe, e que demande das demais administracións públicas da comunidade, avances concretos, dentro das respectivas competencias, para lograr que Cíes-Illas Atlánticas e a Ribeira Sacra sexan declaradas pola Unesco Patrimonio da Humanidade.»

Aprobada por 61 votos a favor, ningún en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 34 do G.P. Popular de Galicia).

10.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a, dentro das súas competencias de coordinación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), deseñar e promover un Programa de Excelencia Universitaria que comprenda medidas de mellora da posición das universidades galegas nos rankings, do impulso á internacionalización e da mellora da docencia, da investigación e da transferencia de coñecemento e o fomento de graos en inglés, así como o recoñecemento mediante bolsas aos mellores expedientes académicos do alumnado universitario galego.»

Aprobada por 41 votos a favor e 34 en contra.

(Proposta de resolución núm. 8 do G.P. Popular de Galicia).

11.ª Resolución

«O Parlamento insta a Xunta a que se dirixa ao Goberno central para que promova unha reforma da LOREG encamiñada a favorecer o goberno da lista máis votada en cada municipio, para asegurar que a conformación dos Executivos locais responde fielmente á vontade dos cidadáns.»

Aprobada por 41 votos a favor e 34 en contra.

(Proposta de resolución núm. 23 do G.P. Popular de Galicia).

12.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que presente na Cámara o proxecto de lei de modificación da Lei de saúde de Galicia, tendo en conta as achegas dos profesionais, e dos seus representantes, así como dos interlocutores sociais e das asociacións de pacientes, que recolla a distribución territorial en áreas, distritos e zonas de saúde, blinde a existencia dos hospitais comarcais e garanta non soamente os servizos que se prestan neles a día de hoxe, senón o seu incremento, para achegar os servizos sanitarios ao paciente, que debe ser, en todo caso, o centro do sistema.»

Aprobada por 41 votos a favor e 34 en contra.

(Proposta de resolución núm. 28 do G.P. Popular de Galicia).

13.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incrementar as políticas de impulso á natalidade e á conciliación familiar, acometendo as actuacións necesarias para incrementar o número de prazas que oferta a rede pública de escolas infantís A Galiña Azul, e a mellorar as bonificacións ás familias ao tempo que aumenta a dotación do Bono Concilia para garantir a lista de agarda cero nas escolas infantís 0-3 anos, amplía ata os tres anos a Tarxeta Benvida para as familias con menor renda ou incrementa o permiso por maternidade na función pública.»

Aprobada por 41 votos a favor, 13 en contra e 20 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 3 do G.P. Popular de Galicia).

14.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar un proceso de negociación coas organización sindicais para aprobar un plan de estabilidade do emprego público autonómico co obxectivo de ofertar nesta lexislatura máis de 14.000 prazas que nos permitan diminuír a taxa de temporalidade no contorno do 7 %.»

Aprobada por 41 votos a favor, 13 en contra e 20 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 6 do G.P. Popular de Galicia).

15.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir avanzando na procura de todas as garantías necesarias para que na atención ás vítimas de violencia de xénero haxa unha actuación integral, personalizada, áxil e coordinada, garantindo o respecto á súa intimidade, privacidade e dignidade, nomeadamente no ámbito xudicial. En particular, a levar a cabo programas de apoio ás vítimas de agresións e/ou abusos sexuais e desenvolver accións específicas para a atención especializada dos casos de agresións sexuais así como de formación específica sobre as distintas manifestacións da violencia de xénero, concretamente de violencia sexual e acoso sexual.»

Aprobada por 41 votos a favor, 13 en contra e 20 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 10 do G.P. Popular de Galicia).

16.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incrementar as políticas de impulso ao envellecemento activo, acometendo as actuacións necesarias para aumentar o número de prazas que oferta a rede pública de centros para persoas maiores ao longo da presente lexislatura ao tempo que reforza a teleasistencia, amplía o programa ‘Xanta na Casa’ ou impulsa o programa de voluntariado ‘Acompaño’ para a promoción da autonomía persoal e acompañamento das persoas maiores que viven soas.»

Aprobada por 41 votos a favor, 13 en contra e 20 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 17 do G.P. Popular de Galicia).

17.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover —coa dotación dos medios persoais e materiais precisos— a creación de novos xulgados necesarios en Galicia que se acorden no seo da Comisión Mixta co TSXG e, así mesmo, a facilitar máis servizos dixitais no eido xudicial, incrementando as funcionalidades da sede xudicial electrónica.»

Aprobada por 55 votos a favor, 20 en contra.

(Proposta de resolución núm. 22, do G.P. Popular de Galicia).

18.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir resolvendo de xeito áxil os axustes demandados, e debidamente xustificados, polos concellos na implantación do novo Plan de Transporte Público de Galicia, así como a continuar velando polo cumprimento das cláusulas sociais e laborais pactadas cos sindicatos UGT e CCOO, con especial atención ás relativas á subrogación dos traballadores, empregando todas as ferramentas legais ao seu alcance.»

Aprobada por 55 votos a favor, 20 en contra.

(Proposta de resolución núm. 25, do G.P. Popular de Galicia).

19.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a implantar un modelo de “contratación pública verde” orientado ao fomento da sustentabilidade e da responsabilidade da empresa nas súas vertentes ambiental, económica e social, que valore a racionalización de recursos e a aplicación de medidas de economía circular, e que teña en conta aspectos de eficiencia enerxética e redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, favorecendo a adopción deste modelo por parte das administracións locais.»

Aprobada por 55 votos a favor, 20 en contra.

(Proposta de resolución núm. 30, do G.P. Popular de Galicia).

20.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia, como institución representativa do pobo galego, reitera o seu compromiso coa convivencia democrática dentro do marco legal, co pluralismo político e co respecto á lexitima discrepancia de todas as opcións partidistas, e por iso condena todo tipo de accións ou manifestacións que conteñan violencia verbal ou física, e promovan o enfrontamento, odio, a intimidación e menoscaben as liberdades e os dereitos das persoas que formen parte tanto das institucións públicas como dos diferentes partidos políticos.»

Aprobada por 55 votos a favor, 20 en contra.

(Proposta de resolución núm. 40, do G.P. Popular de Galicia).

21.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar a súa política de rebaixa selectiva de impostos con novas deducións fiscais incentivadoras de catro tipos de investimentos estratéxicos: en terras e bens rústicos desaproveitados; en sociedades de xestión forestal; en rehabilitación de inmobles ou posta en marcha de actividades económicas nos cascos históricos, e nas relacionadas coa compra de solo industrial nas que interveñan as administracións públicas.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 1 do G.P. Popular de Galicia).

22.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar as súas políticas no eido do traballo a través das reformas tanto do sistema de obradoiros de emprego como do propio Servizo Público de Emprego encamiñadas ao obxectivo de mellorar a inserción laboral das persoas desempregadas en Galicia.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 2 do G.P. Popular de Galicia).

23.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover a implicación dos axentes económicos para fomentar a súa corresponsabilidade en materia de racionalización de horarios e conciliación da vida laboral, persoal e familiar.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 4 do G.P. Popular de Galicia).

24.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia ao mantemento dun modelo educativo fundamentado na actualización constante en materia de innovación educativa; e na aposta pola potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras, no fomento da atención á diversidade, e na utilización das novas tecnoloxías nos distintos niveis educativos da rede de centros sostidos con fondos públicos. Incidirase no reforzo das ensinanzas de Formación Profesional como ferramenta da mellora da empregabilidade e da mellora da competitividade dos sectores produtivos a través do deseño e concreción de accións estratéxicas en materia de normativa, do apoio a unha maior relación directa alumnado-empresas, dunha maior innovación, da potenciación da rede de CIFP, do impulso da FP dual, da aposta pola calidade e a orientación laboral entre o alumnado, así como o impulso da iniciativa ‘Campus FP’ para coordinación e fomento das relacións entre estas ensinanzas formativas e os sectores produtivos.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 5 do G.P. Popular de Galicia).

25.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno central o cumprimento do compromiso de que o AVE a Galicia estea funcionando en probas no ano 2019 e que se siga avanzando nas conexións internas comprometidas: AVE a Lugo, AVE Ourense-Vigo, variante de Ourense e mellora da conexión a Ferrol. Ademais, demanda do Goberno galego que siga impulsando e coordinando, xunto co Goberno central, unha infraestrutura directamente relacionada coa alta velocidade ferroviaria como son as estacións intermodais, rematando os proxectos, licitando a contratación das obras e exixindo aos respectivos concellos a súa implicación e o cumprimento das súas obrigas á maior brevidade para non atrasar as actuacións.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 7 do G.P. Popular de Galicia).

26.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a comercialización dos produtos galegos de calidade a través da posta en marcha dun Plan Estratéxico da Produción Ecolóxica e dun Plan de Promoción da Calidade Agroalimentaria que inclúa o desenvolvemento dunha campaña publicitaria en relación coa correcta etiquetaxe dos produtos alimentarios e de fomento do consumo dos produtos de calidade.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 11 do G.P. Popular de Galicia).

27.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, dentro do eixo de actuación que supón o plan de fixación de poboación no rural, dea comezo a novas actuacións de reestruturación parcelaria que complementen ao remate dos procesos xa abertos e, ao tempo, remate os traballos de mobilización de terras agrarias en abandono iniciados en 2017 coa plena posta en produción das áreas recuperadas e estendendo este tipo de iniciativas a outros proxectos, aproveitando o impulso que o coñecemento social das iniciativas deste ano está a producir.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 12 do G.P. Popular de Galicia).

28.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, aproveitando a presenza periódica que achega a representación das Comunidades Autónomas no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, desenvolva unha política de actuación centrada en seguir pormenorizadamente os trílogos no marco europeo para tratar de evitar que as normas de eliminación de descartes e de medidas técnicas e da de control se afasten das nosas demandas así como a abordar o impacto do Brexit mediante a busca de aliados na defensa dos intereses pesqueiros dentro deste proceso e a plasmación no eido europeo das informacións emanadas do grupo de traballo creado no seo do Consello Galego de Pesca para analizar cada paso que o proceso vaia dando.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 13 do G.P. Popular de Galicia).

29.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar e ampliar os programas de vivenda para familias vulnerables como o Bono de Alugueiro Social, o programa Reconduce, o programa Rehaluga ou o Programa de Vivendas Baleiras, así como a dirixirse aos gobernos municipais das grandes cidades galegas para solicitarlles a súa adhesión a este último.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 15 do G.P. Popular de Galicia).

30.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar coa súa política de rigor e control da débeda publica, cumprindo de novo o obxectivo de estabilidade orzamentaria e iniciando unha progresiva redución do nivel de endebedamento, de xeito que permita destinar menos recursos a gastos financeiros e máis a políticas sociais e produtivas.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 16 do G.P. Popular de Galicia).

31.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a, tendo en conta as experiencias e características dos distintos sectores culturais, definir unhas políticas que permitan garantir a máxima difusión da actividade cultural de base en todo o territorio de Galicia e entre toda a cidadanía; promover o acceso e a participación activa da poboación galega nas manifestacións culturais diversas e contribuír a asentar un tecido social e empresarial no ámbito da cultura adaptado ás tendencias internacionais e tecnolóxicas. Neste sentido, promoverase o acceso universal do patrimonio material e inmaterial galego a través da rede e a facilitar a participación da sociedade galega na construción da Memoria Dixital de Galicia.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 19 do G.P. Popular de Galicia).

32.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar o proceso de normalización da lingua galega con medidas efectivas e de alcance que impacten e provoquen un maior uso do idioma na xuventude e no tecido socio-económico.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 20 do G.P. Popular de Galicia).

33.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar a súa aposta pola ordenación territorial e paisaxística desenvolvendo a Lei de ordenación do territorio e unha estratexia de protección da paisaxe que pase polo desenvolvemento completo do corpus normativo derivado da Lei da paisaxe, pola creación dunha Rede de itinerarios de interese paisaxístico e polo desenvolvemento e sinatura de pactos pola paisaxe coordinados entre diferentes administracións.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 21 do G.P. Popular de Galicia).

34.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar decididamente o Protocolo xeral para unha mellor cooperación territorial asinado coas catro Deputacións provinciais galegas, atendendo prioritariamente á mellora da sincronización e evitación de duplicidades na actuación das administración públicas no territorio galego, e na redefinición do papel das Deputacións provinciais nas súas función de asistencia, asesoramento e cooperación intermunicipal, especialmente aos concellos máis pequenos e con menor nivel de recursos.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 24 do G.P. Popular de Galicia).

35.ª Resolución

«O Parlamento insta a Xunta de Galicia á elaboración dun plan de fomento de vehículos con combustibles alternativos para o transporte pesado de mercadorías e para o transporte de viaxeiros.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 27 do G.P. Popular de Galicia).

36.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a acercar os servizos sanitarios ao paciente crónico pluripatolóxico, para realizar o mellor seguimento e prestar unha atención personalizada polos profesionais “de cabeceira” dos pacientes. Na procura destes obxectivos, estender de forma progresiva a Plataforma Telea, de teleasistencia domiciliaria nos centros de atención primaria da Comunidade Autónoma, de forma que toda a cidadanía galega que o precise poida ter acceso a esta plataforma de telemonitorización.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 29 do G.P. Popular de Galicia).

37.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a acadar no ano 2018 o obxectivo de 60.000 persoas dependentes atendidas sempre e cando se aproben os Orzamentos Xerais do Estado para ese exercicio.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 31 do G.P. Popular de Galicia).

38.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se continúe impulsando os proxectos de I+D vinculados ao desenvolvemento da Industria 4.0 e se poñan en marcha instrumentos específicos de incentivos a proxectos de industria conectada e dixital, así como a desenvolver un plan para aumentar a capacitación dos profesionais nestes novos procesos industriais.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 33 do G.P. Popular de Galicia).

39.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia apoia un sector turístico galego ordenado e planificado, e de calidade, xerador de emprego, riqueza e crecemento; rexeitando calquera acto vandálico contra este sector, intolerable nunha sociedade democrática, e insta a Xunta de Galicia a afondar na calidade do destino Galicia diversificado e sostible desenvolvendo o “slow turismo” e segmentos como o turismo cosmopolita, o turismo sénior, o de natureza, o náutico, o urbano, o familiar, o enoturismo, o deportivo, o de saúde e o relacionado co Camiño de Santiago, en preparación do Ano Xacobeo de 2021.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 35 do G.P. Popular de Galicia).

40.ª Resolución

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reclamar de todas as administración públicas galegas que garantan aos cidadáns galegos o acceso aos servizos públicos en condicións de igualdade, sen establecer distincións en razón da súa veciñanza ou da administración prestataria do servizo.»

Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 14 abstencións.

(Proposta de resolución núm. 36 do G.P. Popular de Galicia).

 

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar