Colisión múltiple en Brión, con tres heridos

Tres persoas resultaron feridas onte despois de producirse unha colisión entre dous coches e unha furgoneta en Brión. O accidente tivo lugar na AG-56, concretamente no punto quilométrico 9, sentido Noia.

Foi un particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia ás 21:25 horas. Indicaba no seu relato que os tres vehículos invadían a calzada.

Nese momento, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informábase dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Brión e ao servizo de mantemento da estrada.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar