Vigo:O alcalde visita Conxemar, no Ifevi


O alcalde participou un ano máis na inauguración da feira de Conxemar, no Ifevi, que este ano reunirá 608 expositores de 43 países diferentes. No seu discurso, felicitou aos organizadores pola capacidade do evento de xerar valor engadido para a pesca internacional.

O alcalde de Vigo resaltou a capacidade da Feira Internacional de Produtos do Mar para reunir traballadores e empresarios da pesca, da industria e da economía que lanzan desde este recinto un proceso de valor engadido para a pesca internacional. Durante a inauguración, ademais de felicitar aos organizadores, destacou a importante alianza que se está fraguando coa FAO, porque desta “industria colosal” depende unha parte moi importante da alimentación en todo o mundo. O rexedor tamén eloxiou o compromiso deste evento co medio ambiente, cualificando “ás xentes da pesca” como os mellores defensores do mar, do que depende en gran medida a alimentación e a economía.

Caballero pechou a inauguración trasladando o seu orgullo por estar presente noutra edición desta feira, sen esquecer poñer en valor o espírito de colaboración e respecto entre os países participantes.

A XIX Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados reúne este ano 608 expositores de 43 países, o maior número desde 2010 e un 3,4% máis que na edición anterior, na que houbo 588 expositores. Con iso, encherá os 33.000 metros cadrados de superficie expositiva, tendo que deixar fóra a algúns interesados por falta de espazo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar