Ourense:“Los Suaves” recibirán o martes da Medalla de Ouro da provincia

O integrantes do grupo ourensán de rock “Los Suaves” recibirán o vindeiro martes, 10 de outubro, ás 11.30 horas, a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, nun acto institucional que se desenvolverá no Salón de Plenos da Deputación de Ourense. Este recoñecemento xa fora aprobado polo pleno da Corporación Provincial en maio de 2016, determinando outorgarlle a distinción a este grupo de rock “como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria musical, chea de éxitos, nos que nunca faltou a permanente manifestación da súa ourensanía”.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, afirma que Los Suaves “son merecentes da máis alta distinción que se concede na provincia de Ourense” e cualifica á banda de rock como “os mellores embaixadores de Ourense no ámbito musical nas máis de tres décadas polos escenarios nacionais e internacionais”. “Trátase –explica o presidente do goberno provincial- dun recoñecemento á súa traxectoria, á súa personalidade musical e a súa permanente identificación con Ourense, presumindo de ourensáns aló por onde van”.

Ao acto de entrega da Medalla de Ouro, no Salón de Plenos da Deputación, están convidados todos os integrantes que formaron parte de Los Suaves desde os seus inicios. Asemade, ese mesmo día, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” habilitarase un espazo para que as persoas que o desexen poidan seguir a retransmisión do acto, que se ofrecerá en directo a través da web da Deputación de Ourense. Ao remate do mesmo, os integrantes de Los Suaves trasladaranse ao Centro Cultural para saudar ao público y compartir con el este importante momento de recoñecemento da provincia de Ourense ao seu labor musical.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar