A Policía Autonómica detén a un home en Lugo por violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica de Lugo informaron  da detención dun home por un delito de violencia de xénero por incumprimento dunha orde de afastamento.

Como consecuencia do dispositivo de seguridade establecido para protexer a unha vítima de violencia de xénero, o pasado día 28 de setembro do ano, axentes do Grupo de protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Lugo en colaboración con Policías da Comisaría Provincial, procederon á detención dun varón, quen tiña unha orde de afastamento da súa parella, ditada polo Xulgado de Instrución número 3 de Lugo.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 214 vítimas de violencia de xénero.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar