TVG: “ADN galego” amosa a historia de dous galegos instalados en Valencia

O equipo do programa “ADN Galego” viaxará este martes a Valencia, a terceira cidade máis poboada de España. Moitos galegos botaron raíces alí hai anos, algúns traballaron na canalización do río Turia e outros, como Castelao, instaláronse alí co inicio da Guerra Civil.

A case nove horas en coche de Galicia, o programa moverase polo centro desta cidade calorosa con aroma mediterráneo, polas praias e ata pola zona de monte para coñecer os convidados galegos.

Entre eles estarán María, polbeira que montou un restaurante en Valencia co seu marido tras namorar da festa das Fallas; Andrés, adestrador de golfiños que viviu a apertura e a chegada de todos os exemplares ao Oceanografic; Pedro, unha autoridade nas fallas e fillo dunha galega; Eloi, un emprendedor de Santiago que, con só 24 anos, xa ten varios grupos de persoas ao seu cargo e negocios polo mundo enteiro; Esther, bailarina especialista en danza contemporánea; Iago, un dos novos cociñeiros galegos con máis proxección que cambiou as famosas fabas da súa Lourenzá natal para buscar novas experiencias gastronómicas; Yaiza, mestra dunha escola que segue o método educativo Montessori; Ignacio, panadeiro que inventou unha revolucionaria máquina de vender pan; Gerardo, skater, e Lidia e Natalia, dúas psicólogas moi aventureiras que están sempre en contacto coa natureza.

LARPEIROS

O programa “Larpeiros da Televisión de Galicia comezará esta semana cunha animada conversa sobre as froitas vermellas. Antes só se coñecían as amoras das silveiras, porque era o que había nos camiños, e os amorosos silvestres, que algún había no monte. Era raro que nas tendas se vendesen grosellas ou arandos, pero agora hainos en moitos sitios e son unha fonte de cor e de sabor, especialmente na repostaría, xa que dan un toque aromático e un contraste acedo moi rico nos pasteis, nas marmeladas e nos batidos. Son estupendos tamén para as ensaladas, precisamente por ese punto ácido e doce que vai tan ben con carnes de porco, de pavo e de polo.

O mestre don Benigno sabe perfectamente o xogo que dan este pequenos froitos na cocina e hoxe vainos empregar para facer un xantar de altura que sorprenderá o resto dos “larpeiros”: papos de porco con framboesas.

Pola súa parte, Adrian, o “larpeiro” máis viaxeiro, irá voando ata Begonte, na provincia de Lugo. Alí, da man de José Ángel, descubrirá que en Galicia existen plantacións de froitas vermellas de primeira. Xa de volta na casa, a festa vai ser completa co milfollas con crema de laranxa e framboesas co que Merchi e Leni os seus compañeiros.

SOPA DE FESTA

Sopa de Festa levará hoxe os espectadores da TVG ata terras lucenses, en concreto ata A Lourenzá. Esta comarca está de cheo en plena recollida da súa legume máis famosa: a faba. E como non podía ser doutro xeito, os seus produtores e os habitantes da vila celébrano coa XXVII Festa da Faba, un evento declarado de Interese Turístico de Galicia.

Como en cada edición, o equipo de reporteiros do programa gastronómico e festeiro da Televisión de Galicia mergullarase de cheo no ambiente para amosarlles aos espectadores galegos o ben que se come e se goza coa festa.

Desde primeiras horas, as cámaras de “Sopa de Festa” estarán na Lourenzá para comprobar que todo está listo para a degustación e tamén cos cociñeiros responsables de preparar os moitos quilos de fabas que se degustaron.

Ao longo desta emisión, os espectadores tamén descubrirán as belezas turísticas da zona e coñecerán como se cultiva este legume tan prezado na hostalaría, que características e por que é tan saborosa para o padal.

A REVISTA

Sevi Martínez dirixirá hoxe a atención da audiencia cara á 19 edición da Feira Conxemar de Vigo, no IFEVI, unha cita de referencia en Europa en que se reúne a totalidade do sector transformador, relacionado cos produtos do mar conxelados.

O Hospital Juan Canalejo da Coruña será o escenario doutra das conexións de “A Revista” nesta edición. Desde a Unidade de Coidados Paliativos, o espazo conversará co xefe do servizo, Juan Sanmartín, para coñecer como traballan.

Xa no estudio de gravación, o presentador do magazine falará hoxe co neurocirurxián e xerente de Clínicas Gaias, Javier Bandín, que suxerirá posturas e actitudes para evitar dores lumbares e cervicais nos máis pequenos da casa tras a volta ao cole, e coa avogada Ana Camiño, para achegarlles consellos legais aos espectadores.

tvG2

ZIGZAG

O programa “Zigzag” recibirá hoxe a visita no estudio de gravación de Alberto Santos e Stephanie Swamps, dous artistas galegos que acaban de expoñer nos Ánxeles. Estes dous artistas, con diferentes traxectorias pero similares inquietudes e influencias, amosan en “Breathe (In the air)” unha distendida conversa entre as súas obras.

O espazo da tvG2 tamén se achegará este martes a “Y”, a nova exposición de Álvaro Negro no CGAC, unha ollada retrospectiva ao seu traballo que incide nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia e recoñecible que nace xa nas súas primeiras series e que na última década se consolida e se extrema nunha mesma atmosfera.

Outra exposición que poderán ver os espectadores da tvG2 é a de Víctor Mejuto no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, onde revisa e reinterpreta cadros emblemáticos do Museo do Prado. Velázquez, Tintoretto e El Greco son algúns dos artistas cuxas obras son revisitadas na serie “Prado”.

Martes, 03.10.2017

CINEMA DE NOITE

SHERLOCK HOLMES: XOGO DE SOMBRAS”

(“Sherlock Holmes: a game of shadows”)

Director: Guy Ritchie

Elenco: Robert Downey Jr., Jude Law, Noomi Rapace, Jared Harris, Stephen Fry, Kelly Reilly, Rachel McAdams, Geraldine James, William Houston, Eddie Marsan

EUA, 2011, 120’, Aventuras (7)

**SINOPSE**

En todo o mundo estanse producindo rechamantes noticias: un escándalo acaba cun potentado do algodón da India, un comerciante de opio chinés falece dunha aparente sobredose, estoupan bombas en Estrasburgo e Viena, falece un magnate do aceiro estadounidense. Ninguén ve ningunha conexión entre estes acontecementos aparentemente aleatorios, excepto o famoso detective Sherlock Holmes, que adiviñou unha rede deliberada de morte e destrución. E no seu centro, coma unha araña especialmente sinistra, está o profesor James Moriarty, unha mente mestra do crime que xunta a súa capacidade para o mal cunha total falta de conciencia. A investigación por parte de Holmes do plan de Moriarty tórnase máis perigosa cando lle fai abandonar Londres, xunto a Watson, para dirixirse a Francia.

MINUTADO do 03/10/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe os espazos “A Entrevista”, hoxe co ex secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e “O Faladoiro”, con Pablo Acción, Juan Capeáns, María Val e Pepe Arias.

10:55

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Tapas de salmón”

11:10

A COCIÑA DE ANDRÉ “Pescada con pisto”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:35

O FARO Cap. 268

Serie. Lucía négase a escoitar as explicacións de Ricardo. Está decidida a denuncialo por secuestrar o seu fillo se el non renuncia voluntariamente á súa custodia. A estas dificultades que está pasando Ricardo engádeselle que a súa nai Carme bótalle en cara o sucedido e dificúltalle tomar unha decisión. Mentres, a súa irmá Lidia empeza a pensar que foi un erro volver vivir cos Muñoz.

12:30

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:35

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:25

GALEGOS NO MUNDO “Rosario”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:15

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa.

20:05

PEZAS ERA VISTO “O campionato do tute”

20:20

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

MENÚ G

Avance da programación desta noite na TVG.

22:15

LARPEIROS “Tempo de framboesas”

As froitas vermellas serán o ingrediente principal nas receitas de “Larpeiros” desta noite, acompañando uns papos de porco e un milfollas con crema de laranxa.

22:45

ADN GALEGO “Valencia”

Programa que viaxará por toda a xeografía española para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. O equipo do programa viaxará este martes a Valencia, a terceira cidade máis poboada de España. Moitos galegos botaron raíces alí hai anos, algúns traballaron na canalización do río Turia e outros, como Castelao, instaláronse alí co inicio da Guerra Civil. A case nove horas en coche de Galicia, o programa moverase polo centro desta cidade calorosa con aroma mediterráneo, polas praias e ata pola zona de monte para coñecer os convidados galegos.

23:45

SOPA DE FESTA

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. “Sopa de Festa” levará hoxe os espectadores da TVG ata terras lucenses, en concreto ata A Lourenzá. Esta comarca está de cheo en plena recollida da súa legume máis famosa: a faba. E como non podía ser doutro xeito, os seus produtores e os habitantes da vila celébrano coa XXVII Festa da Faba, un evento declarado de Interese Turístico de Galicia.

00:20

CINEMA DE NOITE “Sherlock Holmes: xogo de sombras”

(“Sherlock Holmes: a game of shadows”), de Guy Ritchie, con Robert Downey Jr., Jude Law, Noomi Rapace, Jared Harris, Stephen Fry, Kelly Reilly, Rachel McAdams, Geraldine James, William Houston, Eddie Marsan. EUA, 2011, 120’, Aventuras (7).
En todo o mundo estanse producindo rechamantes noticias: un escándalo acaba un potentado do algodón da India, un comerciante de opio chinés falece dunha aparente sobredose, estoupan bombas en Estrasburgo e Viena, falece un magnate do aceiro estadounidense. Ninguén ve ningunha conexión entre estes acontecementos aparentemente aleatorios, excepto o famoso detective Sherlock Holmes, que adiviñou unha rede deliberada de morte e destrución. E no seu centro, coma unha araña especialmente sinistra, está o profesor James Moriarty, unha mente mestra do crime que xunta a súa capacidade para o mal cunha total falta de conciencia. A investigación por parte de Holmes do plan de Moriarty tórnase máis perigosa cando lle fai abandonar Londres, xunto a Watson, para dirixirse a Francia.

02:25

TELEXORNAL NOITE

02:35

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

03:05

QUE CASAS! (Rep.)

04:00

COMO UN ALLO (Rep.)

04:30

NACER DE NOVO (Rep.)

04:45

MAR DE FONDO

Información do estado do mar.

04:50

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:10

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

05:30

NOITE DE JAZZ

05:45

TI VERÁS (Rep.)

06:45

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar