TVG: Hoxe, en “Tac” enfermidade do Ela

Programa TAC

Na nova entrega de “TAC” que a Televisión de Galicia ofrece esta noite, os espectadores verán como Losada pensa que Lois está relacionado coa morte de Marcos, polo que comeza a investigalo. Axiña as pescudas darán os seus froitos. Grazas á curiosidade do doutor Losada, os espectadores saberán esta semana algo máis da vida amorosa do cirurxián, o sedutor oficial do Francisco Balmis.

Ademais, Lois e Ánxela danlles a Vitu e a Sara a gran noticia: están embarazados. Pero non todo son alegrías, xa que Ánxela e Sara comezan a preocuparse pola súa herdanza xenética. Ambas as dúas poderían ter a enfermidade do ELA.

Alleo a estas historias, o doutor Prieto converterase esta semana en todo un fenómeno de YouTube, ao irromper por accidente nunca rodaxe da famosa actriz Vera Dávila. Coa única intención de salvar a vida dunha moza supostamente ferida, Zurzo confundirá ficción con realidade para ser o protagonista dunha das escenas máis reproducidas na Rede. Pero o seu calvario non fixo máis que comezar. Axiña Vera aparecerá no Francisco Balmis cunha petición: que a prepare para o seu próximo papel de cirurxiá.

E, por último, Henrique e Xavi terán que decidir cal é o mellor tratamento para Natalia, unha nena de 12 anos que pasou a vida en orfanatos: seguir coa medicación ou transplantala.

O GATO CON BOTAS

O Gato con Botas” queda hoxe en Santiago para pasar o día cun dos rostros máis emblemáticos da TVG: Xosé Ramón Gayoso. Piloto do “Luar” desde hai 26 anos, entra cada venres nas casas dos galegos para achegar un cachiño da nosa cultura e as nosas tradicións. Non estivo ligado a “Luar” toda a súa carreira, senón que tamén fixo outros programas como “Entre Nós”, “Corazonada” ou “O Veciño do Xoves”.

Haberá tempo para lembrar o seu paso polo mundo da música, da man do grupo Keltia, co que chegou a gravar un disco. Menos coñecida é a súa faceta como avogado, unha profesión á que Gayoso lle dedicou algún tempo antes de facerse un personaxe televisivo, e da que contará algunha anécdota. Na segunda parte do programa, Gayoso levará os espectadores a ver as bambolinas de “Luar”, onde agardan todos os participantes e colaboradores do programa.

O convidado desta semana de Manuel Manquiña tamén ten unha vida á marxe do traballo e da pantalla. Leva 33 anos casado coa súa muller Ana, coa que ten unha filla, a quen tivo a sorte poder criar pese á esixencia de traballar nun medio de comunicación.

A REVISTA

A Revista” falará hoxe de dous temas relacionados coa saúde. Por unha parte, os reporteiros estarán no Hospital Materno Infantil da Coruña, que recentemente se sumou ao programa de mellora á atención do paciente con autismo impulsado pola Federación Autismo Galicia, FAG, a través dunha iniciativa que consiste en colocar imaxes nos centros de saúde para facilitar a comunicación entre estes pacientes e os profesionais sanitarios. Por outra, o magazine matinal recibirá a visita do doutor Ignacio Balboa, que falará da innovadora intervención que se levou a cabo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde lograron reconstruír unha gran parte da caixa torácica dunha paciente con cancro cunha prótese a medida fabricada con titanio.

O equipo de “A Revista” tamén estará en directo na Xornada de Artesanía no Prato da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, unha actividade que permitirá aos visitantes tomar contacto cunha oferta da artesanía galega actual e que poñen en valor a cultura e os valores tradicionais. Ademais, o presentador Sevi Martínez conversará co actor Manuel Manquiña, o conductor do programa “O gato con botas” da Televisión de Galicia, que hoxe terá como protagonista ao recoñecido presentador da TVG, Xosé Ramón Gayoso.

tvG2

ZIGZAG

O programa “Zigzag” recibirá hoxe a visita da historiadora Rosario Martínez e da musicóloga e soprano Susana de Lorenzo, que presentarán un libro-disco sobre Eugenia Osterberger, unha das protagonistas da escena musical galega de fins do século XIX e de comezos do XX. A obra está editada por Ouvirmos e quere rescatar a figura dunha muller esquecida e clave para entender a construción da cultura galega moderna.

Por outro lado, a escritora Eli Ríos falará da súa novela “Luns”, gañadora do Premio Torrente Ballester, un duro retrato da vida dunha muller enferma de cancro. A súa prosa debuxa unha loita frenética e visceral contra o avance inexorable da morte. Nesta tensión, a protagonista revisará non só as razóns da súa existencia, senón tamén a súa condición de muller.

Ademais, o espazo da tvG2 entrará na última exposición da pintora coruñesa Lara Pintos, “(Des)habitar”, unha serie de traballos pictóricos en que a autora explora a realidade cotiá do fogar e a través da que propón unha reflexión arredor dos espazos e o xeito de habitalos.

MINUTADO do 02/10/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe, no faladoiro intervirán os xornalistas José Luis Jiménez e José Luis Gómez, o escritor Francisco Castro e o analista político, Roberto L. Blanco Valdés.

:

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ : “Polo recheo ao cava”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:25

O FARO Cap. 267

Serie. En O Faro, Ricardo terá que explicarlle a Lucía por que secuestrou o seu propio fillo. Mentres, en Samáns, Carme recibirá dous visitas. A da súa inimiga Rosa, que parece decidida a aceptar a súa maternidade sobre Iván e a de Víctor, que xa regresou de China pero que oculta que estivo facendo negocios alí co respaldo da empresa. Na familia Torres, Óscar estase adaptando a traballar na empresa familiar.

:

12:20

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega

:

15:40

O TEMPO

15:55

COMO UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

:

16:25

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:25

GALEGOS NO MUNDO : “Bucarest”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares. En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.

18:20

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. O programa visita vivendas de Santiago, Lugo, Nigrán e Vila Praia de Áncora.

:

20:05

PEZAS ERA VISTO: “O enredo sueco”

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Taty Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

AVANCE SERIES G

22:20

TAC Cap. 4: “Diverxencias”

Nova serie que xorde a partir dos personaxes de “Urxencia Cero”. Esta nova etapa da ficción estará centrada nas complicadas e intensas vidas persoais dos membros do equipo médico do Francisco Balmis. Hoxe, a preocupación de Ánxela por enfermar do ELA ensombrece a nova do seu embarazo. Por outro lado, a incursión accidental de Xurxo Prieto nunha rodaxe convértese nun fenómeno en Internet.

:

23:35

O GATO CON BOTAS : “Xosé Ramón Gayoso”

Espazo de entrevistas presentado por Manuel Manquiña. Coñecidos actores, presentadores, músicos, científicos, xornalistas, empresarios ou profesionais do deporte abriranlle as portas das súas casas e das súas vidas, amosando facetas descoñecidas. Hoxe, Manquiña pasará o día cun dos rostros máis emblemáticos da TVG: o presentador de “Luar”, Xosé Ramón Gayoso.

:

00:45

TELEXORNAL NOITE

00:55

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

01:20

VAIA TROULA

Nieves Rodríguez dará a benvida desde algunhas festas, mentres que as reporteiras Ariadna Leis, Belén Vara a María Blanco achegaranse a outras tantas celebracións de Galicia. Hoxe, o San Miguel de Ponteareas e a Santa Minia de Brión centran a atención do programa, que tamén estará na romaría de San Cosme e San Damián de Baiona, na Festa do Chourizo ao Viño de Ponte, en Silleda, e no Mercado Medieval de Lavadores, en Vigo.

:

02:30

QUE CASAS! (Rep.)

:

03:25

POLO CAMIÑO DA FE

03:40

MAR DE FONDO

Información do estado do mar

03:45

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

04:05

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:30

COMO UN ALLO (Rep.)

:

05:00

TI VERÁS (Rep.)

:

05:55

GALEGOS NO MUNDO: “Bucarest” (Rep.)

06:45

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar