Obradoiro de emprego no Concello de Ferrol

O Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, en Catabois, acolleu o inicio do obradoiro de emprego ‘Ferrol Industria 4.0’, un programa mixto de emprego confinanciado polo Concello e a Xunta, a través da Consellería de Economía, no que participan unha vintena de alumnos e que vai a permitir a mellora do control de accesos ao Estadio Municipal da Malata e a posta en valor desta instalación municipal de uso deportivo e social.

obradoiro de emprego ‘Ferrol Industria 4.0’ ten un importe total de 325.448,42€, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (279.959,00€) e o Concello de Ferrol (45.489,42€).Con este obradoiro, vaise desenvolver un proxecto para a mellora do control de acceso do Estadio Municipal da Malata e posta en valor desta instalación municipal de uso deportivo e social. Como sabedes, o estadio Municipal de A Malata ten, para o control de accesos, un conxunto diverso de vallado e portas metálicas que presentan unha corrosión acentuada e un estado de degradación importante. Polo tanto, preténdese a construción de panos modulares para vallado e portas metálicas en sustitución dos existentes en estado deteriorado.

O obradoiro, que comezaba hoxe, ten unha duración de nove meses ate o 28 de xuño do 2018, e participan un total de 20 alumnos-traballadores van desenvolver este proxecto a través de 2 especialidades formativas:

1.-Tratamentos superficiais (FMEH0309): 10 alumnos-traballadores

2. Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (FMEC0210): 10 alumnos-traballadores

¿Qué é un obradoiro de emprego? É un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral e social.

A través deste sistema mixto de emprego e formación o alumnado-traballador ten a posibilidade de realizar un traballo efectivo e unha formación profesional para o emprego relacionada directamente co dito traballo.

Persegue dous obxectivos, aportar a formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa e a formación complementaria ligada ao certificado de profesionalidade (prevención de riscos laborais, sensibilización medioambiental, alfabetización informática, formación para o autoemprego e cración de empresas…)

Este obradoiro Ferrol Industria 4.0 estará formado, igualmente, por un equipo directivo, docente e de apoio composto por 5 persoas:

  • director

  • 2 mestres especialistas de cada unha das actuacións formativas

  • auxiliar administrativo

  • 1titor-docente.

A selección realizouse a través dun grupo de traballo mixto formado por 4 persoas, dúas en representación da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña e dúas en representación da entidade promotora (Concello de Ferrol)

O obradoiro terá a súa sede nas instalacións do Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, sito na rúa Sagrada Familia 56, de Catabois (Ferrol).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar