Lugo:Xantar de convivencia cos maiores

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, compartiron este domingo cos maiores un xantar de convivencia, organizado polo Concello para conmemorar o Día dos Maiores. 

A xornada, á que asistiron unhas 600 persoas, celebrouse en tres das casetas de polbo do  San Froilán, onde os asistentos puideron gozar dunha tarde convivencia e dunha oportunidade para compartir experiencias. Neste xantar tamén participou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández e as Concelleiras de Economía,Recadación e Facenda, Ana Prieto, e Concello e Cidadanía, Rosana Rielo; así como representantes dos grupos municipais do Partido Popular, Lugonovo e Ciudadanos.

Méndez destacou o papel dos maiores na sociedade actual e subliñou a importancia que teñen moitos deles como soporte de moitas familias, ao tempo que chamou a respectar os seus dereitos e incidiu en fomentar a súa participación activa. Nesta liña, o Concello, ademais de ofrecer servizos dirixidos a atender as súas necesidades, como o xantar no fogar, ten en marcha actividades socioculturais, lúdicas e deportivas que faciliten que se manteñan activos, se relacionen con outras persoas e continúen implicados na vida da cidad

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar