Santiago:
O programa apego inicia os obradoiros e contos

As actividades comezaron o venres, co Obradoiro-baile. Tempo de lecer, a cargo de Brincadeira, na praza Salvador Parga, ás 18:00 horas. O venres 8, ás 19:00 horas, Paco Cerdeira ofrecerá As parábolas de Pakolas no CSC de Conxo.

O sábado 9, ás 18:30 horas, o CIAC guiará unhas ruta interpretativa polas Brañas do Sar. Ese mesmo día, a contacontos Raquel Queizás ofrecerá Nanocontos ás 18:00 horas no CSC do Ensanche.

Pasando xa á seguinte fin de semana, o domingo 17, ás 18:30 horas, Viravolta Títeres representará O arxina e o felo no Teatro Principal. A Pequena e Grande Orquestra actuará o domingo 24, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia , para rematar o mes, Migallas Teatro interpretará Contos do chupete o xoves 28, ás 18:00 horas, no CSC do Ensanche.

Por outra parte, o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), no barrio de San Lázaro, ofrece nas súas instalacións unha viaxe ás antigas escolas unitarias e de ferrado. Unha oportunidade para coñecer o pasado máis recente das escolas.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto