Pontevedra:
Festival “Novos Cinemas”

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra “Novos Cinemas” continuará durante estes meses de setembro e outubro co percorrido dos filmes gañadores da súa última edición. O festival revalida deste xeito -a través da súa sección #OFF- a súa natureza e labor de divulgación achegándolle o cinema á cidadanía ao longo de todo o ano e non soamente durante as datas de celebración do evento. Neste caso, as proxeccións terán lugar a partir de mañá, xoves 14 de setembro, no CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) e en NUMAX.
  • 14 de setembro | CGAI | Estiu 1993 de Carla Simón | Coa presenza da directora.
  • 15 de setembro | CGAI | OCCIDENTAL, de Neïl Beloufa
  • 19 de setembro | CGAI | LE PARC, de Damien Manivel
  • 20 de setembro | CGAI | I TEMPI FELICI VERRANNO PRESTO, de Alessandro Comodin
  • 22 de setembro | NUMAX | OCCIDENTAL, de Neïl Beloufa
  • 25 de setembro | NUMAX | I TEMPI FELICI VERRANNO PRESTO, de Alessandro Comodin
  • 30 de outubro | NUMAX | LE PARC, de Damien Manivel
Ademais, o filme “Le parc” (Damien Manivel), gañador do premio Novos Cinemas do xurado á mellor longametraxe, ven de ser recentemente incluído por Numax no seu programa de estrea de filmes sen distribución, “Os ollos verdes”.

© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto