Adeus á poetisa, narradora e dramaturga Xohana Torres

A académica da galega e poetisa, nazrradora e dramaturga Xohana Torres faleceu aos 85 anos de idade en Vigo.

Está consideerada como unha das persoas máis implicadas na normalizaión da literatura galega e da propia fala durante o franquismo.

Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantén afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero. Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixe en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e dende hai moitos anos reside en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, Raíz e Tempo, en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).

Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.

 

A SÚA OBRA

 

O seu labor como escritora comeza en revistas como Aturuxo (1953), Vida Gallega, Vieiros (1962) e Grial (1963).

Como poetisa está integrada na Xeración das Festas Minervais; como escritora dramática no “Grupo de Enlace”; como narradora, os críticos discuten se a súa novela Adiós, María forma parte ou non da Nova Narrativa, concluíndose que con esta obra se adscribe a este movemento renovador. No ano da súa publicación gaña o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires e, co seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe, o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña.

En 1972 outórgaselle o Premio Pedrón de Ouro polo labor cultural en beneficio de Galicia. En 1981 recibe o Premio da Crítica española e a Xunta de Galicia entrégalle en 1992 o Premio á creación feminina.

Canto ó teatro relaciónase co grupo Teatro Estudio, para o que facían decorados os pintores Barros Pardo e Segura Torrella, escribindo dúas obras, unha das cales, Un hotel de primeira sobre o río, consegue o Premio Castelao de Teatro galego en 1966.

Deixando a un lado as etiquetaxes da crítica, a obra de Xohana Torres é dunha calidade indiscutible, calidade recoñecida co Premio da Crítica en 1980, polo poemario Estacións ao mar.

 

PUBLICACIÓNS

Do sulco (1957, Galaxia).
Estacións ao mar (1980, Galaxia).
Tempo de Ría (1992, Espiral Maior).
Ferrol, corazón de navío (2001, A Nosa Terra).
Poesía reunida (1957-2001) (2004, PEN Clube de Galicia).
Elexías a Lola (2016, Engaiolarte).
Teatro Editar
Á outra banda do Iberr (1965, Galaxia).
Un hotel de primeira sobre o río (1968, Galaxia).
Novela Editar
Adiós, María, (1971, Ediciones Galicia do Centro Galego de Buenos Aires).
Literatura infantil Editar
Polo mar van as sardiñas (1967, Galaxia).
Pericles e a balea (1984, La Galera, Barcelona).
Ensaio Editar
San Andrés de Lonxe, mitos e ritos, Premio Federico Maciñeira.
Eu tamén navegar (2001, Real Academia Galega).
En publicacións colectivas Editar
Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube).
Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas (1997, Fundación Rosalía de Castro).
Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
Poemas pola memoria (1936-2006 (2006, Xunta de Galicia).
Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
Poemas para Carmen Blanco (2010, Libros da Cebra).
To The Winds Our Sails (2010, Salmon Poetry). Tradución do galego ao inglés.
Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
Traducións Editar
O abeto valente de Jordi Cots (1966).
O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas (1966).
Unha nova terra de Francisco Candel (1967).
O demo Rapatú, adaptación de Miquel Desclot (1979, Galaxia).
Así foi de Rudyard Kipling, con María Dolores Martínez Torres (1992, Galaxia).

 

PREMIOS E DISTINCIÓNS

 

Finalista do I Premio Castelao de Teatro Galego no 1965, por Á outra banda do Íberr.
Premio Castelao de Teatro galego no 1966, por Un hotel de primeira sobre o río.
Gañadora do Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires no 1971, por Adiós, María.
Gañadora do Premio de Etnografía Federico Maciñeira da Deputación da Coruña, polo seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe.
Premio Pedrón de Ouro no 1972, polo labor cultural en beneficio de Galicia.
Premio da Crítica no 1981, por Estacións ao mar.
Premio á creación feminina da Xunta de Galicia no 1992.

 

 


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto