A obra escultórica de Acisclo Manzano, nun libro da Deputación de Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregoulle no Pazo Provincial ao escultor Acisclo Manzano o libro que a institución provincial vén de editar sobre a obra deste artista ourensán.

Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey.

Integrouse no grupo “O volter” con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo “Sete artistas galegos”, con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.

Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fora dela.

Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto