Lugo: A Comisión do Garañón propón repoñer a legalidade polo derrubamento

O Goberno propuxo na comisión non permanente sobre a CS-5 celebrada a súa preferencia por repoñer a legalidade no Garañón a través do derrubamento. Así o explicou a alcaldesa, Lara Méndez, á saída da xuntanza, na que, subliñou, “demos conta das conclusións do servizo municipal de Disciplina Urbanística para ver que opcións temos de cara á reposición da legalidade no Garañón, e poñelas enriba da mesa”.

Polo tanto, explicou, “non se trataba de tomar a decisión de maneira inmediata, senón de trasladarlle á oposición as distintas alternativas para que logo eles teñan tamén a capacidade de darnos a súa opinión e postura ao respecto”.

Pola nosa parte, engadiu, “comunicámoslles que a preferencia do Goberno é solicitar xa demolición, para o cal necesitamos informes dos departamentos municipais de Arquitectura e Infraestructuras que determinen como facer o derrubamento. Por iso, xa informamos tamén na comisión de que solicitaremos estes informes”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar