Abel Caballero avanza en Xixón un acordo para a xubilación anticipada da Policía Local

O alcalde e presidente da FEMP participou este xoves no Congreso de Xefes e Mandos da Policía Local, onde ratificou que existe un acordo co Estado para a xubilación anticipada que se atopa «na súa tramitación final». Caballero eloxiou á Policía Local como factor «imprescindible» de «vertebración das cidades».

En declaracións antes do inicio do acto no Principado, baixo o lema «A Policía ante o reto da globalización», Abel Caballero quixo ratificar a «importancia» das policías locais nos territorios, aos que definiu como factor de vertebración das cidades, profesionais e próximos, cunha «enorme capacidade» de conducir desde a seguridade -en colaboración co resto de forzas autonómicas e estatais- e o tráfico á cooperación co ámbito xudicial.

O alcalde adiantou que está «case ultimada a xubilación anticipada» nas policías locais, unha das súas grandes demandas en España, xa «acordada» co Goberno de España e na súa «tramitación final».

No tocante ás cuestións pendentes, Caballero citou a recuperación dos efectivos perdidos durante estes anos pola limitación imposta polo Goberno de España na reposición do persoal. Existen novas demandas, engadiu, como o apoio e a atención ás vítimas de violencia de xénero e a acción da Policía Local na loita contra o terrorismo xihadista.

Sobre este último aspecto, abordado polo propio alcalde vigués co ministro do Interior, Caballero valorou a que sería a incorporación de 75.000 efectivos policiais á loita contra o terrorismo xihadista. De cara a súa prevención, cobra especial relevancia as xuntas locais de seguridade, explicou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar