TVG:Karina, coas suas cancións de sempre, esta noite no «Luar»

A atmosfera festiva dos bailes dos anos 60 trasladarase esta noite aos fogares galegos, grazas ás actuacións musicais que ofrecerá Karina en “Luar”. A coñecida cantante eurovisiva sorprenderá os espectadores interpretando algunhas das súas cancións máis coñecidas con outros artistas desta edición.

Xosé Ramón Gayoso e María Mera darán este venres a benvida a Isabel Vinardell e Isabelle Luadenbach, que presentarán o seu disco “A solas”, un precioso encontro de música e poesía, que contén na súa maioría versións adaptadas ás súas voces e guitarra.

Respecto ás actuacións da terra, o escenario do programa encherase de música coa Xove Banda de Narón, co grupo de baile e música tradicional Tahúme, con Acordeóns de Celanova, coa orquestra Fania Blanco Show e co arousán Cristian Silva, que achegará temas do seu disco “Ego”. O humor do ourensán Moncho Borrajo estará presente ao longo de todo o programa.

Tras a intervención de O Pérez, semifinalista na anterior convocatoria de Recantos, os seguidores de “Luar” coñecerán outras dúas concursantes desta nova temporada a través das súas voces, Verónica Fernández, de terras de Compostela, e Cristina Cimadevila, de Pontevedra.

Amais, desenvolverase o concurso telefónico e outras seccións do espazo, como Sabor a Gloria, con Gloria Mascuñana, e Trucos de Barrio, con Rocío Barrio.

A REVISTA

Hoxe, os reporteiros do programa “A Revista” da Televisión de Galicia amosaranlle aos espectadores o fin do Concurso de Tapas Picadillo da Coruña. Un certame gastronómico que lle debe o seu nome ao ex-alcalde coruñés D. Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo. Ao longo do evento participaron 69 establecementos, cun total de 93 propostas establecidas en diferentes categorías: tapa tradicional, creativa e en maridaxe. Ademais, o equipo do programa acompañará un grupo de Feafes, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, no Camiño de Santiago, unha actividade que están a realizar co fin de darlles visibilidade ás persoas con enfermidades mentais.

Por outra banda, Sevi Martínez conversará con Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que falará das actividades que se están a desenvolver no recinto. Tamén entrevistará o presentador do programa de divulgación científica “Efervesciencia”, Manuel Vicente, que este sábado celebra o seu décimo aniversario en antena cunha gala especial no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

tvG2

ZIGZAG

O programa “Zigzag” ofrecerá hoxe unha entrevista no estudio de gravación con Fina Calleja e Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro, para falar da súa última montaxe, “O Rei morre”, unha versión libre do texto original “Le Roi se meurt”, do escritor romanés Eugène Ionesco, unha aguda metáfora sobre o tirano que se aferra ao poder. A historia leva a reflexionar sobre a vida humana mediante a interpretación da vida do rei Berenguer I.

En tempo de estreas teatrais, o espazo da tvG2 falará tamén da forza da montaxe “Mapa”, un espectáculo de danza para espazos non convencionais, da bailarina galega Esther Latorre e o portugués Hugo Pereira. Eles forman a compañía Glovo, con sede en Valencia e con representacións por todo o mundo. “Zigzag” falará con eles dos seus proxectos máis inmediatos no festival Herdanza.

Ademais, coma cada venres, o programa presentado por Pilar G. Rego, fará un repaso polas estreas cinematográficas que se poderán ver en carteleira esta fin de semana.

MINUTADO do 29/09/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

:

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ : «Costelar de porco»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:30

O FARO Cap. 266

Serie. Ánxela drogou a Ricardo, convencida de que os “poderes” de Susana as axudarán a atopar a Diego. A Lucía indígnalle que a súa nai lle fixera iso ao pai do seu fillo, só por facer caso á que considera unha estafadora. Pero Ánxela convéncea para que comprobe por si mesma se as visións de Susana son verdadeiras ou non. Para iso precisará da axuda de Lidia, a irmá de Ricardo.

:

12:30

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe «Adiantos Informativos».

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega

:

15:35

O TEMPO

15:50

COMO UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

:

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:20

GALEGOS NO MUNDO: «Río de Xaneiro»

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares. En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.

18:25

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. A busca das vivendas máis espectaculares levará hoxe o programa a visitar Oleiros, Santiago, Verín e O Porriño.

:

20:20

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Hoxe Karina fará bailar á audiencia coas súas cancións para o recordo. O humorista Moncho Borrajo e un elenco variado de artistas animarán tamén a velada.

:

01:30

CASAMOS!: «A historia de amor de Sonia e Diego»

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!». En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Hai historias de amor marcadas polo destino, e a de Sonia e Diego, protagonistas hoxe de Casamos!, é unha delas. As celestinas desta parella foron dous bos amigos seus, que os coñecían ben e sabían que estaban destinados a coñecerse. Malia as dúbidas iniciais, abofé que acertaron.

:

02:30

TELEXORNAL NOITE

02:40

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

03:05

QUE CASAS! (Rep.)

:

04:00

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

04:15

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:30

NOITE DE JAZZ

05:05

TI VERÁS (Rep.)

:

06:00

GALEGOS NO MUNDO: «Río de Xaneiro» (Rep.)

06:50

A REVISTA (Rep.)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar