XXXIII Premio Celanova Casa dos Poetas

 

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou na entrega do XXXIII Premio Celanova Casa dos Poetas á corporación Hijos de Rivera por desenvolver a cultura galega e dar a coñecer a Comunidade fóra das nosas fronteiras. No acto tamén estiveron presentes o presidente do Parlamento Miguel Santalices; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

A conselleira destacou o excepcional traballo que fai esta entidade a nivel nacional e internacional, sinalando que “a cervexa Estrella Galicia fai de embaixadora de Galicia alá por onde vai, ao igual que o fan os nosos viños, os nosos queixos, a nosa carne ou o noso leite”.

Neste senso, non dubidou en felicitalos polas súas campañas publicitarias, xa que dan a coñecer algúns dos autores máis coñecidos, coma Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal, e tradicións tan arraigadas como o Entroido ourensán.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto