A Policía autonómica deten a un home en Vigo por violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron hoxe da detención dun home por un delito de violencia de xénero por incumprimento dunha orde de afastamento.

No día de onte, por parte dos axentes destinados no Grupo de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero de Vigo, procedeuse á detención dun varón, quen tiña unha orde en vigor de medida cautelar de non entrar na cidade de Vigo.

Como consecuencia do dispositivo de seguridade establecido para protexer á vítima, o investigado foi localizado nas inmediacións do colexio onde se encontran escolarizados os fillos da parella, procedéndose á súa detención.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 213 vítimas de violencia de xénero.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar