TVG: unha romántica voda en «Casamos!»

Din que os polos opostos se atraen e a parella protagonista de hoxe de “Casamos!” é boa mostra da sabedoría do refraneiro popular. A Alba non lle gustaba saír e Andrés era un home da noite. Coñecéronse nun local de copas. El traballaba de cocteleiro e ela foi alí por casualidade. Pouco a pouco foron forxando amizade, unha relación que remataría en noivado, pese ás reticencias dos dous. A Alba non lle gustaba ese mundo e Andrés non era un home de compromisos.

Todo ía ben ata que el, agoniado polo formal da relación, decide marchar a Londres a comezar una nova vida. A relación continúa na distancia con discusións continuas, pero, tras dúas visitas de Alba para velo, Andrés toma a decisión: volver a Galicia por amor.

Desde aquela a súa vida en común é inmellorable e hai ano e medio convertéronse en pais. Agora deciden culminar a súa historia de amor cunha romántica voda de conto de fadas.

QUE CASAS!

O programa “Que Casas! da Televisión de Galicia amosaralles hoxe aos espectadores unha casa que, pese a non ser modular, foi construída en menos de dúas semanas cun innovador sistema. Ademais, os reporteiros do programa coñecerán o descendente dunha importante saga familiar que coida con agarimo dunha casa que foi moi importante para os seus devanceiros.

As cámaras tamén gravarán a vivenda dunha rapaza que ten un impoñente xardín cunha grella para facer churrasco e outro anfitrión que, inspirado pola paz da aldea na que está situada, mercou unha fantástica vivenda. Boiro, Bergondo, Oleiros e San Amaro, en Ourense, serán os destinos de hoxe.

A REVISTA

Dende este mes, as casas de turismo rural de Galicia celebran o seu “11º Outono Gastronómico”, e as cámaras do programa “A Revista” da Televisión de Galicia estarán nunha delas, en Ribadavia, para dar conta desta iniciativa. Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión, e contarán con diferentes promocións que permiten gozar da experiencia unha fin de semana, en familia ou só un día.

Os reporteiros tamén estarán en directo en Ourense na Escola de Boxeo Vbox, onde amosarán os adestramentos e entrevistarán a algúns dos campións que se preparan para competir.

Ademais, no estudio de gravación, o presentador Sevi Martínez conversará con Eduardo Hermida, o artista que deu cor ao barrio de Canido, en Ferrol, pintando nas súas paredes as Meninas. Desde hai pouco, Hermida decidiu convidar o famoso artista Banksy a participar nesta iniciativa e mesmo lle reservaron unha parede só para el.

Ademais, o programa contará coa visita da deseñadora Teresa Abalde, que comentará a crónica social, e da xornalista Alba Mancebo, que adiantará os contidos máis vistos da web e das redes sociais da CRTVG.

tvG2

ZIGZAG

O espazo “ZigZag” ofrecerá hoxe unha entrevista no estudio de gravación cos membros de Nostoc, dúo formado polos vigueses Mateo Mena, compositor e experimentador sonoro, e Laura Iturralde, escenógrafa de referencia e videocreadora. Ambos os dous únense nun proxecto audiovisual e de inmersión escénica en que investigan a relación entre a arte e a ciencia, entre o ser humano e a natureza.

O programa cultural da tvG2 tamén se fará eco do ciclo que o CGAI lle dedica a Fernando Rey con motivo do centenario do nacemento dun dos máis ilustres intérpretes da historia do cine español. Ata o mes de novembro amosaranse unha vintena dos títulos máis emblemáticos dos 50 anos de carreira do actor coruñés.

Finalmente, na sección “Fondos Reservados”, Moncho Lemos falará esta semana do regreso dun clásico: Van Morrison. Unha das maiores lendas da música británica publica o seu 37º álbum de estudio, “Roll with the punches”, un disco de versións soul e cancións inéditas.

Mércores, 27.09.2017

CINEMA DE NOITE

SPACE COWBOYS”

(“Space Cowboys”)

Director: Clint Eastwood

Elenco: Clint Eastwood, Tommy Lee Jones, Donald Sutherland, James Garner, James Cromwell, Marcia Gay Harden

EUA, 2000, 118’, Aventuras (T)

**SINOPSE**

Catro veteranos pilotos do exército do aire dos Estados Unidos verán cumpridos os seus desexos de se converter en astronautas e viaxar ao espazo exterior con 40 anos de atraso ao ter que reparar un gran satélite de comunicacións coa orbita alterada e en perigo de caer á terra e cuxos sistemas foron desañados por un deles, o capitán da misión.

**COMENTARIO**

Clint Eastwood demostra unha vez máis que, ademais de ser un excelente actor, tamén cumpre á perfección os labores de director. “Space Cowboys” é unha boa película cargada de humor fino e acedo, ao que hai que engadirlle un elenco excepcional. Os insignes intérpretes do filme ofrecen unhas maxistrais interpretacións nunha película cuxo maior logro é a consecución na primeira parte dun ton autoparódico persoal e profesional que sabe entresacar con acerto unha boa cantidade de momentos e situacións de enorme hilaridade. En “Space Cowboys” percíbese unha loa á sabedoría da experiencia vital, aos desexos e á ilusión e á forza do compañeirismo e a camaradería.

MINUTADO do 27/09/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe os espazos “A Entrevista”, hoxe coa profesora de Ciencia Política e da Administración da USC Cristina Ares e co profesor de Dereito Constitucional Vicente Sanjurjo, e “O Faladoiro”, con Luís Pérez, María Bastida, Xoán Antón Pérez Lema e Julián Rodríguez.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Torta de mousse e chocolates”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:35

O FARO Cap. 264

Serie. Fina acaba de chegar e non encaixa ben todas as noticias sobre o que está acontecendo en O Faro e sofre un esvaecemento. Terá que quedar en observación no hospital. Pola súa parte, Ánxela considera que deberían facer caso das visións de Susana, xa que as pode axudar a atopar a Diego. Luís convenceu a Gonzalo de que o traballo que ten Erea como azafata pode resultar perigoso para ela, así que deciden tela vixiada.

12:30

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega

15:35

O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo.

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:20

GALEGOS NO MUNDO “Frankfurt”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:25

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa.

20:05

PEZAS ERA VISTO “O nudista”

20:20

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

CASAMOS! “A historia de amor de Alba e Andrés”

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!». En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.
Unha romántica voda de conto de fadas, a de Alba e Andrés, será protagonista na entrega de hoxe de “Casamos!”. Din que os polos opostos se atraen e a parella desta noite é boa mostra da sabedoría do refraneiro popular.

23:05

CASAMOS! “A historia de amor de Sonia e Diego”

Hai historias de amor marcadas polo destino e a de Sonia e Diego, protagonistas hoxe de “Casamos!”, é unha delas. As celestinas desta parella foron dous bos amigos seus, que os coñecían ben e sabían que estaban destinados a coñecerse. Malia as dúbidas iniciais, abofé que acertaron.

00:10

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa, que lles amosará hoxe aos espectadores unha casa que, pese a non ser modular, foi construída en menos de dúas semanas cun innovador sistema. Boiro, Bergondo, Oleiros e San Amaro, en Ourense, serán os destinos desta semana.

01:00

CINEMA DE NOITE “Space Cowboys”

(“Space Cowboys”), de Clint Eatswood, con Clint Eatswood, Tommy Lee Jones, Donald Sutherland, James Garner, James Cromwell, Marcia Gay Harden.
EUA, 2000, 118’, Aventuras (T).
Catro veteranos pilotos do exército do aire dos Estados Unidos verán cumpridos os seus desexos de se converter en astronautas e viaxar ao espazo exterior con 40 anos de atraso ao ter que reparar un gran satélite de comunicacións coa órbita alterada e en perigo de caer á terra e cuxos sistemas foron deseñados por un deles, o capitán da misión.

03:05

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

03:15

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

03:40

CASAMOS! (Rep.)

04:40

MAR DE FONDO

Información do estado do mar.

04:45

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:00

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

05:20

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

06:00

GALEGOS NO MUNDO (Rep.)

06:55

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar