Debate sobre a crise territorial de Cataluña, o martes en Santiago

«A crise territorial de Cataluña» é o enunciado da convocatoria do Grupo Colmeiro que terá lugar o próximo martes, 26, na Facultade de Ciencias Politicas da Universidade de Santiago.

O coloquio estará presentado polo catedrático de Economía Aplicada da USC Luís Caramés Vieitez, e contará tamén coa presencia de Xosé Luís Barreiro Rivas, expresidente da Xunta con Albor e profesor de Ciencias Políticas; Santiago Roura, profesor de Dereito Constitucional, e Ramón Máiz, profesor de Ciencias Políticas.

Moderará a profesora de Dereito Administrativo da USC Diana Santiago Iglesias.

A entrada estará aberta pero aconséllase a inscripción dos asistentes no correo comunicaciongrupocolmeiro@gmail.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar