160 alumnos vigueses marchan ao Reino Unido a estudar inglés coa bolsa municipal

O alcalde despediu este mércores no aeroporto a dous grupos de estudantes dos 667 que realizarán este ano o curso de inmersión lingüística financiado polo programa municipal «Vigo en Inglés». O vindeiro ano concederanse 850 bolsas.

Abel Caballero adiantou que o próximo curso o goberno municipal outorgará 850 bolsas ao alumnado da ESO e da Escola Oficial de Idiomas dentro do programa «Vigo en Inglés». Neste curso viaxan 667 estudantes de Secundaria e 100 da EOI.

Hoxe saíron dende a terminal viguesa un grupo de 90 alumnos dos IES Don Bosco, Mariano, Rosalía de Castro, Divino Salvador, Carmelitas, Amor de Dios, Beade, Carlos Casares, Santo Tomé de Freixeiro e Calasancias que estudarán en varias localidades de Irlanda e tamén 65 estudantes dos IES A Guía, Teis, ROU, Alba, Maristas, Alexandre Bóveda, San José da Guía, Carlos Casares, Nuestra Señora de la Esperanza, Quiñones de León e Santa Cristina que pasarán tres semanas formándose no Reino Unido.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar